A Coroa acolleu o noveno encontro de poetas

12 marzo, 2017 ACTUALIDAD , EVENTOS
A Coroa acolleu o noveno encontro de poetas

A Coroa acolleu por noveno ano o encontro de poetas. Organizado por Rosa Machado e coa colaboración de Adega A Coroa e Concello de A Rúa; o recital contou ca intervención de Rosa Dios, Jesús, Enma, Juan, Rochi, Nolím, Loli, Alfonso, Mayeya, Diana, Carlos Rafael, Rosa García e María José. A  velada estivo animada por Nacho Martínez e serviuse viño da adega. Nesta nova edición o tema tratado foi “o delicado momento de morrer”.

O encontro pretende que os participantes aporten a súa visión sobre a temática escollida, fagan a súa propia interpretación e por suposto que reciten os seus versos. Carlos Rafael, poeta ourensan e presentador desta edición, así o relataba, “trátase de reunir poetas de aquí, de alá; eu veño de Ourense, hai xente do Bierzo e de diversos puntos da xeografía. É una ocasión para partillar as experiencias, as nosas visións. Neste encontro o tema era a morte e o final o que fixemos foi un canto a vida. Cada un ca súa personalidade, ca súa idiosincrasia”. Segundo Carlos Rafael, “é un pequeno homenaxe a palabra, un intercambio de pareceres e de versos. Este ano faltou xente pero en esencia segue sendo o mesmo”.

Tamén Roberto Fernández, un dos anfitrións, expuxo a súa visión do encontro, “realmente no hay palabras porque son sentimientos, lo importante para mí es la sensación de placer de plenitud, de felicidad. Aquí nos reunimos año tras años, después de nueve años una vez más. Trasmitimos nuestros sentimientos”. Respecto á nova edición, que será a décima, Fernández apuntou, “queremos que sea algo digno de estos diez años; de todos los sentimientos, de todas las personas que hemos pasado, de todos los que hemos vivido este día adía.  No va ser  mejor ni peor, va ser esplendido”.

Roberto Fernández xunto a Rosa, Carlos Rafael e Nacho Martínez ao remate do encontro

Roberto Fernández xunto a Rosa, Carlos Rafael e Nacho Martínez ao remate do encontro

También te puede interesar