Control de acceso aos feirantes en Viloira

6 febrero, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
Control de acceso aos feirantes en Viloira

Os días 6 de cada mes, Viloira celebra a súa feira.  Este mes de febreiro toca facer control a xente que coloca os postos no lugar, por iso a primeira hora da maña a Policía Local do Barco achegouse ate a rúa Elena Quiroga para realizalo.

Faise unha revisión ás documentacións e compróbase que todo está en orde, si non é así, o feirante non entra ao mercado. Tamén se mira que cada autorizado a poñer o posto teña as taxas ao día, é dicir, si están pagadas, aqueles que as teñen pendentes non poderá poñer o seu posto o que non e raro que suceda o que provoca o conseguinte enfado.

Os axentes da Policía Local tamén constatan que os espazos libres non sexan ocupados por fillos, curmáns ou calquera outro familiar dalgún feirante que percatándose de que o sitio está libre facilitan esta información e ate  fan que se coloquen alí.


Publicidad

Pasados estes momentos tensos, de primeira hora da mañá, os feirantes mostran a súa mellor cara para atraer aos postos á clientela e chamar a súa atención sobre as mercadorías. É un mes no que, incluso no mercado, hai rebaixas en todo o referente ó téxtil e calzado.

Os que se acheguen nesta mañá de 6 de febreiro a Viloira ademais de poder xantar o pulpo poderán mercar árbores de todo tipo —estamos no tempo de plantar—, verduras e froitas, bacallau, cousas para casa e un montón de enseres que, o mellor é comprobalo.

Posto de pulpo a feira pasada

También te puede interesar