O concurso de fotografía Manuel Blanco Pascual cambia a temática para achegarse á natureza

5 octubre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , O BARCO
O concurso de fotografía Manuel Blanco Pascual cambia a temática para achegarse á natureza

Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, presentaba na tarde do 5 de outubro a décimo primeira edición do concurso fotográfico, nos xardíns da Casa Grande de Viloira.  A temática elixida «o patrimonio natural de Valdeorras», quere concenciar o respeto á natureza. Acompañado por dous membros do IEV, José Antonio Blanco e Miguel Ángel Estévez e rodeados de árbores centenarias, Trincado daba as razóns do cambio: «dado que xa se repetían os motivos arqueolóxicos e monumentais da comarca. E, por outra banda, a sociedade valdeorresa atópase moi sensibilizada por determinadas talas de árbores senlleiras. É polo que este ano vai adicado o patrimonio natural, coa espranza de que as fotografías que se presenten ao concurso sirvan de base para solicitar da Xunta de Galicia a catalogación dalgúns exemplares que, pola súa antigüidade e beleza merezan ser incluídos no listado de árbores senlleiras».

 

José Antonio Blanco, Aurelio Blanco e MIguel Ángel Estévez na presentación baixo as árbores do xardín da Casa Grande

José Antonio Blanco, Aurelio Blanco e MIguel Ángel Estévez na presentación baixo as árbores do xardín da Casa Grande

 

A mesa do «ceador dos bancos» da Casa Grande, lugar elixido para a presentación, atopábase chea de fotos inéditas, segundo confesou Trincado. As estancias do edificio centenario, a xente que o habitou, os usos e costumes de principios de século estaban plasmados nas imaxes. Os xardíns no que nos atopábamos tamén estaba, «é un dos espazos me merece a pena conservar, xunto coas palmeiras e demais árbores que, como os da Praza Otero Pedraio, foron plantados no ano 1907 polos alumnos do profesor Eloy Mira, o “Dia da Árbore”», subliñou Trincado.

 

O sol o traveso das árbores centenarias dos xardíns

O sol o traveso das árbores centenarias dos xardíns

 

Ata o 30 de outubro está aberto o prazo de presentación de fotografías —non poderán ser máis de tres—. O tamaño mínimo 20×25 cm. e máximo de 40×50 cm.  A contía dos premios baixará na presente edición para destinar 300 euros a compra de árbores. Aurelio Trincado expresou o seu desexo de que algún deles fose plantado nos xardíns onde nos atopábamos para que, así o recordasen algún día. «Coincidindo coa entrega de premios, procederase a plantación de árbores, na que participarán os concursantes e os alumnos dos distintos colexios e institutos. Nesta plantación engadiranse 10+1 acevos que dona o presidente e que coinciden coa idade das netas pequenas», aclarou Trincado.

 

Aurelio; José Antonio, Miguel e Arsenio —un dos gañadores do premio de anteriores edicións— vendo as fotografias.

Aurelio; José Antonio, Miguel e Arsenio —un dos gañadores do premio de anteriores edicións— vendo as fotografias.

 

No mes de novembro entregaranse os premios no Casino do Barco, onde se exporán as fotografías. O 1º premio serán 200 euros e placa para. 150 euros e placa para o segundo e 100 euros e placa para o terceiro.  Todos os participantes recibirán un diploma personalizado.

 

También te puede interesar