Conclúe o campamento de verán en Manzaneda

31 agosto, 2020
Conclúe o campamento de verán en Manzaneda
Conclúe o campamento de verán en Manzaneda
Conclúe o campamento de verán en Manzaneda
Publicidad

Os cativos disfrutaron de mes e medio de actividades dentro deste campamento de verán atípico polas medidas anti Covid

Os participantes no campamento de verán do Concello de Manzaneda veñen de rematar as actividades do mesmo a tan só uns días do regreso as aulas no que supoñerá o inicio do curso escolar na vila.

Publicidad

Dende o 13 de xullo ata o 28 de agosto os 28 nenos e nenas, con edades entre os 4 e os 13 anos, inscritos no mesmo, desfrutaron de diversas actividades como fútbol, hockey, bádminton, deportes acuáticos, gymkanas deportivas, pedaletas, senderismo e obradoiros de pintura, globoflexia, fabricación de pulseiras ou camisetas.

Este 2020 foi atípico para os cativos debido as medidas establecidas para evitar contaxios por Coronavirus, xa que tiveron que empregar máscaras no día a día e extremar a hixiene de mans xunto co distanciamento social.

Peche das piscinas

Este 31 de agosto tamén produciuse o peche das piscinas municipais da localidade, que levaban abertas dende xullo, e malia a un peche preventivo a causa dun caso de Covid-19 no veciño Concello de A Pobra de Trives, o periodo estival trascorreu con total normalidade dentro das medidas sanitarias adoptadas.

Bañistas no último día de apertura das piscinas de Manzaneda. Foto cedida

Fotos cedidas.

También te puede interesar