Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre xunto cos irmáns Álvarez

9 agosto, 2018 ACTUALIDAD , CULTURA , TRIVES
Concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre xunto cos irmáns Álvarez

O Concello da Pobra de Trives recibe en concerto a Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre xunto cos irmáns Álvarez para presentar o seu novo traballo discográfico Noró, algunhas músicas do norte. Esta será a primeira actuación do conxunto na provincia co seu novo disco.

Noró pódese considerar unha continuación do seu anterior traballo, The Tambourine Man. Este foi un dos discos máis vendidos da música Galega nos últimos anos, co que ademais recibiron diversos premios, e fixeron unha xira por toda Europa.

No novo traballo pódese apreciar entre os ritmos recollidos o son do Folión de Manzaneda, concretamente no tema “Unha fala e un cantar”.

Dende o Concello de Trives aseguran que a actuación supón para eles unha dobre ilusión. Por unha banda sempre é unha honra recibir a artistas de semexante calibre e por outro lado, consideran especial ver tocar a dous triveses, os irmáns Álvarez: Gutier, que toca a zanfona e o violín e Javier co acordeón diatónico.

Este espectáculo será o venres, 27 de agosto as 22:00h no Patio Santa Leonor. As entradas terán un custo de 10 máis gastos de xestión se se compran por adiantado ou 15 euros se se compran en taquilla. O aforo é limitado, así que dende a organización aconsellan collelas con antelación.

También te puede interesar