Concerto da Banda de Música do Barco na praza Andrés de Prada

22 mayo, 2019 ACTUALIDAD , SANTA RITA 2019 , VÍDEO
Concerto da Banda de Música do Barco na praza Andrés de Prada

A banda de música que dirixe Manuel Prada encandeou ó publico que aplaudiu todas e cada unha das pezas que ían soando

A Banda de Música do Barco, dirixida por Manuel Prada ofreceu un concerto na praza Andrés de Prada da vila barquense, o día grande das festas de Santa Rita.

O palco situado na céntrica praza do Barco quedouse pequeno para tanto músico asi que, cambiáronse os papeis. E, mentres a Banda ofrecía o concerto a ras de chan, os entusiastas espectadores, ouvían a súas pezas á sombra dos magnolios.

A actuación comezou ao redor das 14:00 horas e o longo, de máis de trinta minutos, interpretaron variadas pezas musicais que foron desde o tradicional valse, á música de películas de cine ou o tradicional pasodobre.

Un público entregado ovacionou cada unha das pezas que ían saíndo dos instrumentos que tan maxistralmente  os músicos tocaron. Ao final houbo que facer un bis.

Non foi a única actuación dos de Prada, xa que eran os músicos da banda do barco os que enchían de sons as rúas da vila, a primeira hora da mañá. E, logo tamén, acompañaron na procesión de Santa Rita.

También te puede interesar