O Concello da Veiga imparte un curso DESA

13 febrero, 2017
O Concello da Veiga imparte un curso DESA

O Concello da Veiga contará cun desfibrilador semiautomático externo,  equipado con cabina e equipo de oxigenoterapia, e todo o material preciso para aplicar a desfibrilación cando así sexa preciso. O DESA está pensado para ser usado por persoal non sanitario, de tal forma que seguindo as instrucións indicadas no curso de formación os asistentes poderán facer uso del.

O  Curso de Desfibrilación Semiautomática Externa foi impartido a través da empresa Ambulancias Sil S.L. en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:30 a 19:30h, na Biblioteca e Centro TIC da Veiga e formarase a un total de 21 persoas.

Ao curso asistieron membros da Agrupación de Protección Civil, Auxiliares de Axuda no fogar e persoal do concello da Veiga. Persoas que habitualmente interveñen en situacións de risco, en actividades con volumen de asistentes, deportivas, traballo con maiores, etc. onde pode ser preciso o uso do DESA.

O investimento realizado polo concello ascende a máis de 2.000,00€ subvencionado ao  50% pola Deputación Provincial de Ourense.

En España actualmente estase implantando na maioría dos aeroportos así como en grandes complexos comerciais, zonas comúns dos hospitais, centros deportivos, etc. Diminuíndo con elo as mortes debidas a paros súbitos cardíacos.

O concello aposta por contar cun servizo clave para a saúde dos veciños, de xeito que esté sempre a punto en caso de necesitalo. Tan importante como contar con elo, é estar formado para o correcto uso do desfibrilador, de ahí a realización dun curso destinado a un sector bastante amplo.

También te puede interesar