O Barco advirte de 80 edificiaciones sen rematar na vila

11 noviembre, 2017 ACTUALIDAD , O BARCO
O Barco advirte de 80 edificiaciones sen rematar na vila

O Concello do Barco remitiu durante esta   semana   escritos   a   propietarios   de   preto   de   60   edificacións inacabadas situadas no  termo  municipal  barquense,  informando  da necesidade  de  cumprir  a  Lei  de  Chan  de  Galicia  sobre  a  obriga  dos propietarios  de  rematar  as  edificación  para  cuxa  execución  obtiveron licenza.

A Lei 2/2016 de Chan de Galicia, no apartado 9 do preámbulo, xunto co artigo    135    do    mesmo    texto,    “Deberes    de    uso,conservación    e rehabilitación”,   remarca   os   deberes   dos   propietarios   de   rematar   as edificacións,  e  o  artigo  91  da  mesma  norma,  titulado  “Adaptación  ao ambiente  e  protección  da  paisaxe”,  indica  no  seu  punto  d)  que  “as construcións  deberán  presentar  todos  os  seus  paramentos  exteriores  e cubertas totalmente terminadas”.

Nunha   primeira   revisión   feita   pola   policía   municipal,   constatouse   a existencia  de  preto  de  80  edificacións  sen  rematar,  e  que  polo  tanto incumpren claramente   a   normativa   mencionada.   Nos últimos   días notificouse   a   situación aos   propietarios   identificados,   e   en   breve remitiranse aos  donos  de  outra  veintena  de  edificacións  dos  que  aínda non se teñen todos os datos. En todos os casos, lémbrase que, co fin de cumprir coa lei que ten como obxectivo lograr unha importante mellora colectiva  da  nosa  paisaxe edificada-deben  proceder  á realización  dos traballos adecuados para terminar a edificación.

Para  iso,  recoméndase  aos  donos    que  acudan  ao  Servizo  de  Obras  e Urbanismo   do   Concello   do   Barco   (no   primeiro   andar   do   Edificio Multiusos),  onde lle informarán  sobre  os  trámites  que  debe  seguir  para o cumprimento  da  normativa.

Non  últimos  días  xa  foron máis  de  20 os donos  de  edificacións  que  recibiron  información  neste departamento sobre o tema,  e  a  maior  parte  deles  xa  mostraron  a  súa  disposición  de iniciar os trámites para a realización dos traballos.

O Concello quere mellorar o aspecto das nosas rúas e pobos, e para elo é fundamental que as construcións garden o ornato debido e, ademais, fomentar  o  cumprimento  desta  lei  de  xeito  voluntario,  para  o  que  se concederá un período de tempo transitorio, antes de iniciar expedientes administrativos, que levarían á imposición de multas que ninguén desexa.

También te puede interesar