O Barco pide limitar os contactos sociais tras confirmar 26 casos de Covid

25 septiembre, 2020
O Barco pide limitar os contactos sociais tras confirmar 26 casos de Covid
O Barco pide limitar os contactos sociais tras confirmar 26 casos de Covid
Publicidad

No bando emitido dende o consistorio anuncian o peche dos parques infantís

O Concello do Barco ven de emitir un comunicado onde anuncia que nos dous últimos días confirmáronse un total de 26 positivos por Covid na localidade, apuntando dende a alcaldía que estarían vencellados as relacións sociais en establecementos hosteleiros e comerciais.

Por elo no bando reflicten a necesidade de recordar á veciñanza a necesidade de cumprir todas as normas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar unha maior propagación do coronavirus.

Publicidad

O uso da máscara para todos os maiores de 6 anos, a distancia de seguridade ao manter relacións cos demais, e a intensificación da hixiene de mans, son algunhas das recomendacións recomendadas no escrito.

“No caso do Barco, a veciñanza ten tido un comportamento exemplar desde o inicio desta crise, o que permitiu que durante os últimos meses houbese moi poucos casos entre a poboación, e ningún ingreso hospitalario. Nos dous últimos días confirmáronse 26 positivos entre os nosos veciños” destacan dende o consistorio.

Publicidad

Por este motivo anunciase que é imprescindible que durante as vindeiras semanas se reduzan, na medida do posible, todas as reunións e celebracións, así como as concentracións de persoas tanto no ámbito privado como no público.

Dado que se rexistraron dous contaxios en centros escolares, desde hoxe quedarán pechados os parques infantís, alegando dende a alcaldía que aínda que se trata de espazos ao aire libre, son lugares con alta concentración de nenos con contactos estreitos, cos que se poden producir contaxios. O peche manterase durante as próximas dúas semanas, á espera da evolución desta situación.

Unha axente da Policía Local do Barco clausura un parque do Malecón este venres

Por último, no comunicado oficial do Concello desexan unha pronta recuperación aos afectados e poñen ao departamento de Servizos Sociais á disposición de todos eles para o que precisen.

También te puede interesar