El comedor escolar de Manzaneda recibirá una ayuda de 23.000 euros

17 junio, 2016
El comedor escolar de Manzaneda recibirá una ayuda de 23.000 euros

O Consello da Xunta o visto e prace á renovación da colaboración co concello de Manzaneda para a prestación do servizo de comedor escolar. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará un total de 23.010 euros a este convenio, a través dos que se prestará o servizo a 101 comensais dos CEIP de Manzaneda, respectivamente.
No marco destes acordos de colaboración, a Consellería subvencionará os menús dos comensais durante todo o curso escolar. Pola súa banda, os concellos comprométense á contratación da elaboración e servizo dos menús escolares, así como ao coidado e asistencia do alumnado durante as comidas.
A sinatura destes convenios é un novo paso na aposta que o departamento de Educación da Xunta de Galicia está a facer en prol do servizo de comedor escolar nos centros educativos, fundamental para a escolarización efectiva do alumnado galego en termos de igualdade e para a conciliación da vida escolar e familiar. Así mesmo, a Consellería reforza o seu apoio aos concellos que decidiron facerse cargo da xestión deste servizo complementario.
Cómpre sinalar, ademais, que a Consellería tamén realiza un apoio específico neste eido ao alumnado con necesidades especiais. De feito, no pasado Consello da Xunta autorizouse a sinatura de convenios con once asociacións e entidades especializadas na atención a persoas con discapacidades co obxectivo de facilitar o servizo de comedor escolar no curso 2016/2017 a máis de 400 alumnos. Dotados cun investimento total superior aos 176.000 euros, os ditos acordos buscan garantir unha atención individualizada, así como dar unha resposta adecuada ás necesidades e particularidades de cada usuario.

También te puede interesar