Unha comarca chea de cine e teatro

31 julio, 2018 ACTUALIDAD , CULTURA , GALERÍAS
Unha comarca chea de cine e teatro
Unha comarca chea de cine e teatro
Unha comarca chea de cine e teatro
Unha comarca chea de cine e teatro
Unha comarca chea de cine e teatro
Unha comarca chea de cine e teatro
Unha comarca chea de cine e teatro

Da man da Concellería de Cultura —representada pola concelleira Margarida Pizcueta Barreiro—, chegan os I Encontros Internacionais de teatro Paco González e a Semana do Cine.

Margarida Pizcueta conversando con Raúl Rodríguez

Margarida Pizcueta conversando con Raúl Rodríguez

Os encontros, organizados por Gabriel Prada, xurden, tal e como explica o organizador, da súa andaina teatral polo mundo. Nunha desas aventuras de artista, o actor coñeceu a un grupo de teatro mexicano, co que entablou una boa relación, e froito desta, naceu o acordo de inaugurar o festival de teatro no lugar de procedencia do propio Gabriel.

A iniciativa comezará o 6 de agosto, e terá lugar ao aire libre en catro concellos da comarca: A Rúa, O Barco, Petín e Vilamartin. Constarán de 30 representacións en seis días.

Ademáis, o teatro valdeorrés conta coa presencia do pedagogo uruguayo Raúl Rodríguez da Silva. Este estivo aleccionando a oito actores afeccionados da comarca, e con eles levará a cabo a representación dunha obra do dramaturgo, tamén uruguayo, Florencio Sánchez, ao que Raúl confesou ter especial cariño.

Raúl Rodríguez da Silva

Raúl Rodríguez da Silva

En resumo, o obxectivo destes encontros dramáticos é ofrecer teatro na rúa dende un punto de vista e unha metodoloxía diferente.

A sonada Semana do Cine, que será do 24 de agosto ao 3 de setembro — conta xa con 28 edicións na nosa comarca— corre da conta de Jose María. A novidade deste ano é que cada proxecció contará con tres actos. En cambio, continúa dividíndose en cine de nenos, cine español e cine de actualidade. Tamén continúa a tradición de realizar unha homenaxe cada ano. Esta vez estará adicada aos tres grandes cines da etapa dourada da gran pantalla valdeorresa: Emperador, Monumental e Colón. A estes, colocaráselle unha placa, cos respectivos nomes, nas butacas da última fila do Teatro Lauro Olmo.

Os catro protagonistas da cultura valdeorresa

Os catro protagonistas da cultura valdeorresa

Á semana do cine súmaselle a exposición “Máis dunha ollada”. Composta por carteis do pintor salmantino Ricardo Cavolo. Este ponlle máis ollos aos carteis de cine, para así dar a mensaxe de que, ás películas é necesario botarlle máis dunha ollada para descubrir todo o que teñen tras delas. Mostraráse a pintura co cartel orixinal ao lado.

Á exposición hai que engadirlle a presentación do libro Ultreia e Soseia polo camiño de inverno, obra escrita polo sonado autor valdeorrés Antonio Castro Voces. Isto será o día 1 de agosto ás 19:00h.

Para rematar, compre destacar o salto cualitativo do cine en Valdeorras. Isto débese á inversión en material e na proxección de películas de tirada comercial por parte do Concello do Barco.

También te puede interesar