Cholo: «Gustaríame que esta actividade ensinase á xente a amar a montaña»

20 julio, 2018 A VEIGA , ACTUALIDAD , AUDIO
Cholo: «Gustaríame que esta actividade ensinase á xente a amar a montaña»

Entre Lobos e Estrelas é unha actividade nocturna de alta montaña que se leva realizando dende hai xa nove anos, repetindo éxito de participación. Moita xente se interesa por esta actividad que terá lugar na noite entre o día 21 e o 22 de xullo, na que os participantes mergúllanse nos sons da escuridade deseando escoitar o auvido do lobo.

45 persoas serán as que participen nesta 9ª edición, un número que Antonio Fernández, Cholo, o presidente do club de montaña O Trisquel de Trevinca, explica que «é baixo porque non se trata de masificar á montaña, que é un medio magnífico; a natureza e os hábitats de animais están desaparecendo cada vez máis rápido, é necesario respetalos, ademáis o reducto de Trevinca é un lugar excelente».

O obxectivo principal desta iniciativa é «sair ao monte é para que a xente coñeza qué hai na montaña; o ideal sería que o que lle transmitise esta experiencia lles fixese que amasen a montaña».

Se queres escoitar máis sobre a camiñata que se celebra esta fin de semana, e outras actividades que se levarán a cabo no Clube de Montañismo Montañas de Trevinca, fai click no seguinte enlace:

También te puede interesar