Charo Álvarez: “Este libro é unha homenaxe especial as mulleres da guerra”

20 enero, 2018
Charo Álvarez: “Este libro é unha homenaxe especial as mulleres da guerra”

Charo Álvarez, coñecida profesora do Instituto Martaguisela de O Barco, acaba de rematar o libro “Memorias dunha nena da guerra” que está a piques de sair á rúa. Con ela quixemos intercambiar experiencias que inspiraron a redacción do mesmo. Esto foi o que nos contou:

Somos Comarca: O libro que escribiu, é un libro sobre a súa nai, ¿verdade?

Charo Álvarez: Sí. É un libro sobre unha etapa bastante dura da vida da miña nai, cando estallou a Guerra Civil. Miña nai ven dunha familia republicana, entón tuveron que sufrir o máis incríbel que se poda pensar. Vivían nun pobo pequeno e a xente que estaba aliada con Franco, os golpistas, exercían unha represión bestial contra as persoas que non pensaban igual que eles. Eu levo toda a vida escoitando aventuras negras da miña familia. A miña avoa falaba baixiño, e sempre antes de falar miraba para os lados a ver si había alguén que puidera ouvir.

A miña nai tivo que ser, como quen dí, desterrada, porque os asustaban por todas partes. A raiz de que a unha nena noviña, a miña nai tiña 14 anos, a intentaron violar en Baxeles, cos pais preto e sen poder acudirlle, a miña avoa maquinou desprazar as dúas fillas de 14 e 16 anos hasta Lodosa, onde vivía unha irmá con moitos fillos. Naquel tempo xa estallara a Guerra.

Todo isto foi o que me levou a contar esta historia tan cercana ao tempo actual e que sen embargo non ven nos libros de texto. Agora, nesta época de paz, é coma unha paz soterrada que tampouco se conta nada da verdade. Para min foi unha maneira de desfogar. É un libriño moi cercano e moi sinxelo; eu non son escritora pero fun capaz de escribir o que eu palpaba desde moi pequena en noventa e tantas páxinas.

SC: E, ¿cómo o tomou a protagonista?

CA: Ela encantada. Fai uns días estabamos reunidos toda a familia, que veu xente de Barcelona, a miña filla pequena que vive en Menorca, viñeron todos. Había unha rapaza, compañeira dun sobriño meu, que estaba tocando o violín, que o toca moi ben, e miña nai díxome “xa plantei tantas árbores, xa fun capaz de soltar o que se pode poñer nun libro, e agora sólo me falta esto”, e púxose a tocar o violín, daquela maneira.

SC: Mantén esa vigorosidade…

CA: Ela ten moita forza. É moi suave, moi amable, moi doce, pero ten unha garra interior que non hai quen se lle suba.

SC: O libro conta unha historia en concreto pero tamén é unha historia que viviron moitas nenas, ¿é unha homenaxe hacia elas?

CA: Totalmente. E sobre todo quero facer una homenaxe especial á muller. Os méritos sempre eran do home, a muller era unha piltrafa.

É una homenaxe tamén a miña lingua porque dicía a miña nai que era moito máis fácil escribilo en castelán porque as súas amigas non sabían falar galego e dixen que eso non podía ser así, hai que empezar a reivindicar a lingua por algo.

Cando chamaban á porta o meu avó nunca se levantaba, sempre se levantaba a miña nai hasta que fundían a porta… O obxecto da búsqueda é que un irmán da miña nai, de 18 anos, en vez de apuntarse á guerra, fuxiu ao monte, estaba escapado, entón durante tres anos seguidos estuveron especulando donde estaba, se no monte ou na casa. E foi un sufrimento. A miña avoa foi unha, agora chamaríalle campiona, con unha garra especial para defender aos seus.

SC: O libro é unha homenaxe a eses anos tan duros…

CA: Especialmente a tódalas mulleres que tuveron que loitar. Con este descarado machismo que aínda persiste na escritura, na lectura, incluso nos medios de comunicación hay unha tendencia descarada a falar en masculino. Eu fun profesora moitos anos no Martaguisela e tuven unha maestra que era moi capaz, era pintora, me deu certos folgos para poder planificar e chegar onde quería.

SC: Volvendo á historia da súa nai, contounos que se foi cunha tía pero despóis volveu, unha vez finalizada á Guerra…

CA: Alí pasou unha vida moi dura. Chegaron a casa da súa tía, onde o home dela estaba na Guerra. Tiñan cinco fillos pequenos e maiores, e acolléronas. Pero elas tiñan que traballar. A miña tía era modista e facía roupa para os militares golpistas. A miña nai traballou coma unha bestia, nunha panadería, levantábase as 6 da mañá facían o pan e despóis con un canasto ía repartindo. Despois a emplearon de cuidanenos. Era unha vida moi dura. Vivían situacións moi extremas.

SC: O libro inclúe imaxes, fotografías…

CA: Sí, hay unhas cuantas. O libro non é largo, eu creo que é moi fácil de ler. O intento desta historia é descubrir que as cousas non están claras. Hai uns días que apareceron non sei cantos kilómetros de fosas onde hai miles de personas enterradas en Cataluña. Esto quere dicir que o que lle pasou a miña nai, estaba pasando en moitos sitios.

SC: ¿Ónde podemos atopar o libro?

CA: Eu teño 100 exemplares que me enviou a editorial para repartir o día que fagamos a presentación. Tiveron un percance e non estará nas librerías ata fináis deste mes. Pero xa se pode mercar por internet na páxina da editorial Finis Terrae Ediciones.

SC: ¿Temos data para a presentación?

CA: Pronto tomaremos unha decisión co concello porque eu quería presentar o libro na Biblioteca de O Barco. Os manteremos informados.

También te puede interesar