Cerca de 300 asistentes ó magosto Vilamartín desafiaron á chuvia

2 noviembre, 2019

Un biscoito de cabaza, unha tarta de chocolate e castañas e outra de queixo foron os gañadores do concurso de doces do magosto

Vilamartín celebrou o seu magosto popular na tarde-noite do venres 1 de novembro. A chuvia fixo que se trasladase a actividade desde a praza de José Luís Núñez ao Centro Cultural Santa Lucia onde se asaron as castañas no exterior e os asistentes resgardáronse no interior.

Máis de 300 persoas asistiron este magosto organizado pola Asociación de Coveiros de Vilamartín coa colaboración do Concello, o propio alcalde Enrique Álvarez Barreiro deulle volta ó bombo. A xente comeu e divertiuse sen ter en conta o mal tempo, como ten que ser nestes casos.

O prezo do boleto, 2 euros, incluía bolos preñados, panceta a grella e castañas asadas —bullotes— e tamén a degustación dos doces do concurso.

Un ano máis asociado a esta festa convocouse ós asistentes a levar doces para participar nun concurso . Prenmiáronse os tres que o xurado considerou máis saborosos. Os gañadores foron un biscoito de cabaza, unha tarta de chocolate e castañas e outra de queixo.

«Estivo xenial! Moita máis xente da que agardabamos», subliñou a concelleira de Cultura, Claudia Núñez.

También te puede interesar