Celebra o San Valentín coa Carreira Popular “O Barconamora”

2 febrero, 2017 ACTUALIDAD , ATLETISMO
Celebra o San Valentín coa Carreira Popular “O Barconamora”

O San Valentín celébrase en O Barco cunha cita deportiva.  O vindeiro 12 de febreiro terá lugar a VI Carreira Popular por Parellas “O Barconamora”, organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración coa Delegación F.G.A en Valdeorras e o Club ADAS Proinor.

A carreira farase por parellas, que irán atadas polos pulsos cun lazo que se entregará xunto cos dorsais. O circuito consta dunha volta de 5.000 metros, aproximadamente que percorrerán o casco urbano de O Barco con saída e meta na Praza José Otero. Faranse controis de paso en varios puntos da proba polos que terán que pasar os participantes que non queiran ser desclasificados.

Estableceranse varias categorías, para os absolutos (maiores de catorce anos): categoría parella mixta, composta por un home e unha muller; categoría parella masculina, composta por dous homes; e categoría feminina, composta por dúas mulleres. Para os máis cativos, as categorías serán: prevenxamín, benxamín, alevín, infantil e Cadete.

Serán premiadas cun trofeo as tres primeiras parellas das tres categorías absolutas e para os máis pequenos, entregaranse medallas a todos os participantes que cheguen entre os 20 primeiros de cada categoría. Ademáis sortearanse dúas ceas para dúas parellas entre todos os participantes.

Ás 12 da mañá do vindeiro domingo 12 sairán as parellas das categorías absolutas, que percorrerán 5 kilómetros, ás 13:00 horas será a quenda dos infantís (nados no 2004 e 2005), que percorrerán 1 kilómetro, ás 13:10 os alevíns (nados no 2006 2007), que farán 500 metros, ás 13:20 os benxamíns (nados no 2008 e 2009), que correrán 300 metros e ás 13:25 os pitufos (nados do 2010 en diante), que percorrerán 100 metros.

O prazo de inscripción para as categorías absolutas está aberto ata ás 23:00 horas do xoves 9 de febreiro e pode realizarse a través a web de Carreiras Galegas ou nas oficinas do Centro Comercial Aberto. Pola súa banda, as inscripción das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas na propia secretaría. Todas as inscricións son totalmente gratuitas.

 

 

También te puede interesar