Padexeiros do Fluvial na recepción de Feijóo a piragüistas internacionais

4 septiembre, 2019 ACTUALIDAD , PIRAGÜISMO
Padexeiros do Fluvial  na recepción de Feijóo a piragüistas internacionais

O presidente da Xunta de Galicia presumiu de ter a 80 piragüistas galegos remando en competicións internacionais este verán

Sergio Ruiz, Manuel Freire, Jesús Rodríguez e Marcos  González, foron os catro padexeiros do Fluvial Barco convocados onte, 3 de setembro, en Santiago. Ao acto presidido por Alberto Núñez Feijóo, só acudiron os dos primeiros xa que Jesús e Marcos non puideron asistir por motivos profesionais.

«O acto pareceume moi interesante. Estamos nun deporte pouco recoñecido e sempre está ben que se fagan actos deste tipo, aínda que os deportistas satisfacernos máis que se nos recoñeza o esforzo realizado», subliñou Sergio Ruiz este medio. Tamén tivo palabras para as dúas novas incorporacións ó club que tantas alegrías están dando nesta tempada. «Marcos e Manu creo que foron un piar moi importante na loita pola liga navional de Augas Bravas. Ademais no persoal dicir que son dous ‘grandes’. Agardo que na próxima tempada sigan a defender as cores do Barco», remarcaou.


Publicidad

Ademais do presidente da Xunta, estivo presente no acto o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e José Alfredo Bea García, presidente da Federación Galega de Piragüismo. Feijóo subliñou que a Comunidade pode presumir de ter 80 padexeiros e padexeiras remando neste verán nas competicións internacionais de todo o mundo: en pista, maratón, slalom, augas bravas e kaiak-polo e en todas as categorías (júnior, sub-23 e sénior).

Alberto Núñez Feijóo, enxalzou a traxectoria do piragüismo galego e resaltou que a axuda da Xunta á federación alcanza o máximo histórico e representa un 30% máis que en 2018.

«Se hai algo que todos teñen en común é o seu talento, o seu esforzo e a súa paixón pola piragua, que lles permite superar os momentos difíciles que caracterizan a calquera deporte de élite», dixo o presidente. Destacou aos 14 medallistas: Carla Frieiro (Bronce K1 200 no Mundial Pista de Romanía); Tania Álvarez e Tania Fernández (Prata K2 no Europeo Maratón en Francia); Manuel Antonio Campos (Ouro C1 e Bronce C2 no Europeo de Maratón en Francia); Diego Romero (Bronce C2 Europeo de Maratón en Francia); Julián Becerra e Miguel Fernández (Bronce C2 no Europeo de Maratón en Francia); Manuel Ochoa (Bronce Patrullas no Mundial de Polonia); Gabriel Martínez Pachón (Bronce K1 200 no Mundial Pista de Romanía); Pedro Vázquez (Prata K2 500 no Mundial Pista en Hungría); Pablo Graña (Ouro C2 200 no Mundial Pista en Hungría e Prata C1 200 no Mundial Pista de Romanía); Carlos Arévalo (Prata K4 500 no Mundial Pista en Hungría); Rodrigo Germade (Prata K4 500 no Mundial Pista en Hungría); e Teresa Portela (Bronce K1 200 no Mundial Pista en Hungría).


Publicidad

«Estamos a falar de 14 padexeiro e padexeiras que viron cumprido o soño de subirse a un banzo dun podio internacional, moitos deles por eneísima vez e algúns deles co premio engadido de obter unha praza olímpica para Toquio 2020, como é o caso de Carlos Arévalo, Rodrigo Germade e a gran Teresa Portela, que acudirá aos seus sextos Xogos Olímpicos», engadiu, recordando que ela e David Cal, o mellor deportista olímpico español, son probablemente os líderes dos éxitos dos piragüistas galegos e españois.

Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que o Goberno galego seguirá comprometido con este deporte como mostra o feito de que o orzamento que destina a Xunta á federación chegue ao medio millón de euros, e que nos últimos 10 anos se destinasen máis de 7 millóns ao piragüismo galego. Ademais das axudas directas aos clubs.

Feijóo concluíu subliñando que as licencias deportivas de piragüismo na Comunidade medraron un 57% desde 2009, pasando de 2.763 a 4.326; que Galicia é a autonomía con máis licencias e con máis clubs (62), e congratulouse de que nos últimos dous anos -2017 e 2018- os piragüistas galegos acadaron un total de máis de medio centenar de medallas en europeos e mundiais.

También te puede interesar