O Castelo de O Bolo agarda a chegada de gaiteiros procedentes de todo o mundo

10 junio, 2017
O Castelo de O Bolo agarda a chegada de gaiteiros procedentes de todo o mundo
Publicidad

Un centenar de gaiteiros, procedentes de distintos puntos do mundo, achéganse este domingo ao Castelo de O Bolo na XXXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros, declarado de Interese Turístico Cultural pola Xunta de Galicia.

Esta edición celébrase en dúas xornadas, por unha banda o sábado día 10 terá lugar unha xuntanza no Castelo de Monterrei, e o domingo día 11 o Castelo de O Bolo será o punto de encontro.

Trátase dunha cita anual que naceu como complemento das actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, no ano 1986. Agora, recorre os distintos concellos da provincia achegando a eles a beleza e a historia da música tradicional.

Nesta edición teñen especial protagonismo as gaitas primitivas. O evento iniciarase ás 17:00 horas no Castelo de O Bola coa interpretación do himno da xuntanza. A continuación actuará un dúo catalá, un dúo francés, un gran tocador de didgiridoo de Australia, os cantores da seitura de Lentellais de O Bolo e un músico de Armenia que toca o duduk.

Este ano, a organización homenaxeará a tres gaiteiros portugueses: José María Fernandez, Angelo Arribas y Henrique Fernandes.

A continuación a música seguirá a ser protagonista con Xabier Blanco de Moaña, un dos grandes tocadores de instrumentos sinxelos, o Xiz Trío de Lugo, o investigador alemán Relf Gehier, as cantareiras da Real Banda e un trío de Irán que domina as gaitas máis primitivas do mundo da cornamusa.

O peche desta xornada irá a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación. Ademais, o programa desta XXXII edición  complétase con conferencias, exposicións e actividades de carácter científico.

También te puede interesar