Cantos e reivindicacións na «festa das mulleres» co motivo do 8-M

8 marzo, 2019 ACTUALIDAD , VÍDEO , VILAMARTÍN

Vilamartín de Valdeorras  reuniu a case que medio cento de mulleres e homes que se concentraron diante do Concello

A cor morado tinguiu a praza do Concello de Vilamartín onde se  puideron ver dúas grandes pancartas: unha colgada no balcón que anunciaba tan sinalado día y outra collida polas mulleres presentes no acto, na que se lía: «Mulleres de Valdeorras, vivas, ceibes e iguais».

Pancartas que luciron no Concello e que sostiveron as mulleres

Iria López Müller da Asociación Feminista de Valdeorras foi a encargada de ler o manifesto no que se explicaba que o seu paro era para: «Denunciar o réxime capitalista e patriarcal que oprime e somete a metade da humanidade e explota a terra ata a súa extenuación».

A esquerda Iria López ao lado Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín

Expuxo que se unían á folga feminista para reclamar unha igualdade real que cambie a vida das mulleres para sempre, baixo o lema, «por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista».

As asistentes mostrando os mandís reivindicativos

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro e varios concelleiros do grupo de Goberno, así como, o da oposición e recentemente anunciado candidato a alcaldía polo PP José Pinto, estiveron presentes na convocatoria.

Cantando ao finalizar a lectura do manifesto

No manifesto, fíxose referencia as manadas que violan, e reivindicouse  rematar co paro e precariedade laboral das mulleres así coma coa fenda salarial a explotación que supón a dobre xornada dentro e fora da casa ou o acoso no traballo. A educación baseada no respecto as mulleres e que esta sexa pública, laica, gratuíta, non sexista e inclusiva, foi outra das demandas.

Aspecto da praza do Concello durante os actos do Día da Muller

Ao remate chamada a revolución feminista, a solidariedade entre as mulleres con cantos en versión feminista de «Bella ciao» o canto popular italiano das traballadoras dos arrozais, cuxa popularidade débese a que foi adoptado, con outra letra, polos partisanos.

Se queres ver o vídeo completo do Manifesto fai clic na seguinte ligazón:

Asociación Feminista de Valdeorras

É unha comisión que está integrada por 15 mulleres de todos os puntos da comarca, de Vilamartín de onde é Iria, A Rúa ou O Barco. «Estamos intentando crecer e que haxa movementos autónomos en cada concello e que despois podan confederarse, traballar xuntas e ter moita máis forza», indicaba Iria.

Membros da Asociación Feminista de Valdeorras durante os cánticos

Polo momento, segundo informaba Iria, están intentando xuntarse por que aínda non teñen a suficiente forza para que cada concello teña representación. Fan reunións en diversos puntos,  de momento non teñen unha sede, aínda que xa se reuniron en San Miguel de Outeiro, no Barco e en Vilamartín, está pendente A Rúa.  Xúntanse nos centros sociais dos pobos e entre  os proxectos próximos está o que ten que ver co «Caso Carioca», a trata de mulleres, que se está xulgando en Lugo.

Vídeo dos cánticos de Bella Ciao ao remate da lectura do manifesto:

También te puede interesar