Os Cantos de Taberna dan o pistoletazo de saída ó Entroido de Verán de Trives

9 agosto, 2019 ACTUALIDAD , TRIVES
Os Cantos de Taberna dan o pistoletazo de saída ó Entroido de Verán de Trives

Tres días de troula, xogos e disfraces onde ademais a artesanía estará moi presente na Mostra de Patrimonio Inmaterial

O entroido de Verán da Pobra de Trives comeza hoxe cos «Cantos de Taberna». A partires das oito da tarde 7 grupos —cada un co seu propio estilo de música e co seu propio repertorio— encherán de son as rúas de Trives. Algúns deles xa son habituais como: Son do Bibei, @s singuinari@s, San Nordés, As Macizas Centrais ou os Trabazos de Castro Caldelas. Outros como Os Parrandas ou Pascuis tamén estarán no allo.


Publicidad

A Asociación Cultural A Caniceira da Pobra de Trives organiza, desde hai 11 anos, este Entroido divertido e participativo e a súa Mostra de Patrimonio Inmaterial. O Entroido terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto nas rúas e prazas da vila.

O Sábado a partires das 11:00 horas abre o mercado de artesanía, que estará funcionando todo o día. Tamén pola mañá, terá lugar o V campionato de Billarda, será ás 12:00 horas, na Finca da Barreira. A partir das 13:30 horas, sesión vermú, a cargo da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.


Publicidad

Pola noite ó redor das 00:00 horas actuación da «Banda de Mazinger», agrupación que rememora éxitos nacionais da dourada década dos 80. Estarán na praza Doutor Paz, até ben entrada a madrugada.

O domingo ás 11:00 horas, de novo, o mercado de artesanía abrirá as súas portas. A sesión vermú nesta xornada corre da conta das Macizas Centrais — grupo da asociación organizadora—. Será arredor das 13:30h.

Pola tarde, o momento mais esperado e clásico do Entroido de verán é o desfile de folións.  Comeza ás 18:30 horas no campo da Barreira e percorrerá as rúas da vila. Ás 22:30 horas, na Praza do Reloxo, actuación do grupo «Os fillos do estramonio», candidatos este ano aos premios Martín Códax e coñecidos polas súas adaptacións humorísticas ao galego de clásicos do rock, rancheiras e cumbias e polas súas aparicións na TVG.


Publicidad

«Convidamos a veciños e visitantes a que se unan á festa e desfrutar desta fin de semana repleta de actividades», subliñan desde a asociación A Caniceira.

También te puede interesar