Festa por partida dobre en Vilamartín, comeza o San Jorge e celébrase a Ruta do Viño de Correxais

19 abril, 2019 ACTUALIDAD , VILAMARTÍN
Festa por partida dobre en Vilamartín, comeza o San Jorge e celébrase a Ruta do Viño de Correxais

Do 19 ao 23 de abril Vilamartín celebra as súas festas patronais na hora de San Xurxo

Cunha programación pensada para os máis pequenos comezan hoxe as FEstas de San Jorge en Vilamartín. De 17:30 a 19:30 horas os nenos que se acheguen a praza de José Luís núñez poderán xogar no parque infantil situado na carpa. Na mesma praza a partir das 23:00 horas unha discoteca móbil porá a música da verbena.


Publicidad

O sábado, 20 de abril, a partir das 18:30 horas espectáculo de humor e maxia na praza de José Luís Núñez, para todos os públicos. As 21:30 horas será a orquestra Claxxon a encargada de por o son e a música aos vilamartineses e a todos que se acheguen ó municipio. Pola noite, de novo, unha discoteca móbil amenizará a verbena.


Publicidad

O domingo, primeira das misas na honra do santo. Será as 13:00 horas, antes, a concentración de coches clásicos organizada en Larouco estarán expostos na praza, mentres os seus ocupantes toman o vermú. Este día haberá tempo para o teatro no Centro Social Santa Lucia, o grupo Teatro Ruada será o encargado da representación.

Saída da procesión do San Jorge

Pola tarde a orquestra Marbella presentará o espectáculo co que están a celebrar o seu 20 aniversario. Luz e son  a partir das 20:00 horas con Marbella Lights Show.

Luns véspera de celebración e día de paso e para tomar forzas, O Trío Fusión amenizará a sesión de tarde e tamén a verbena. Tamén se estreará o campo de petanca situado na zona do Bañadoiro cun campionato.


Publicidad

O 23 é o día propio, o San Xurxo sairá en procesión polas rúas de Vilamartín acompañado polo grupo de gaitas Airiños de Caldelas, que tamén farán a alborada matutina animando aos veciños a participar nos actos do día. A misa está prevista para as 12:00 horas.

A orquestra Trebón será a encargada de poñer a música en sesións de vermú, tarde e noite.

Ruta do Viño de Correxais

Ademais do comezo da Festa do San Xurxo, noutro pobo do municipio, en Correxais, hoxe terá lugar a Ruta do Viño.

Unha das adegas de Correxais na pasada edición da ruta

Será a décima edición  desta festa onde os veciños abren as súas adegas para ofrecer unha grande variedade de pinchos acompañado polo viño da zona. O prezo 12 euros para adultos e 6 para nenos cixa idade esté entre os 6 e 10 anos.

Os Bertolini serán os encargados de por a música polas rúas do pobo. Cando pechen as adegas a festa trasladarase á praza do pobo

Festa na praza de Correxais

También te puede interesar