Os Bolechas tratarán de concienciar aos cativos sobre os incendios

8 junio, 2018 ACTUALIDAD , CULTURA
Os Bolechas tratarán de concienciar aos cativos sobre os incendios

Os populares bonecos creados por Pepe Carreiro presentarán o espectáculo Os Bolechas e o amigo monte no TLO, con entrada libre, será o sábado 16 de xuño ás 19 horas para nenos e nenas de 3 a 9 anos e as súas familias.

Trátase dun espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista que chegará a 21 entidades da Rede entre os meses de xuño e xullo deste ano.

Desta volta, os famosos Bolechas concienciarán os máis pequenos sobre a necesidade de coidar o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. O obxectivo é fomentar a educación ecolóxica dos nenos e nenas e a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade e establecerán un diálogo cos rapaces e rapazas acerca do monte, a súa fauna e a súa flora.

Os participantes na actividade de dinamización lingüística obterán unha palabra chave que lles permitirá acceder ao web www.osbolechas.gal, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas…) e poderán participar en sorteos de lotes de libros dos Bolechas. Uns libros que comenzaron a publicarse no ano 2000, e polo tanto varias xeracións de nenas e nenos creceron con eles.

También te puede interesar