BNG e PSOE da Rúa non chegan a acordos de goberno

13 junio, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD
BNG e PSOE da Rúa non chegan a acordos de goberno

Ambos grupos políticos acúsanse mútuamente de non querer chegar a un acordo que permita unha alcaldía de esquerda no concello

O BNG de A Rúa, liderado por María González Albert, daba onte, a través dun comunicado, por «rematadas» as negociacións de cara a «atinxir unha maioría alternativa ao Partido Popular para o goberno da Rúa». O escrito, poñía fin á posibilidade de contar na Rúa cun goberno de esqueda. Os tres concelleiros acadados polos nacionalistas, que os sitúan coma segunda forza política no consistorio, non atopaban, segundo explican, o apoio necesario no PSOE de Luis Fernández Gudiña , que «tras varias reunións, negáronse a unir os seus dous votos aos do BNG de cara a unha posíbel investidura».


Publicidad

Estas declaracións do grupo nacionalista contradicían non obstante, ás feitas horas antes polo portavoz do grupo socialista e socio de goberno, o actual alcalde en funcións Luis Fernández Gudiña, na que xa daba por feito o apoio do seu grupo ao BNG e os invitaba a reunirse co RUA para obter o concelleiro necesario para chegar á maioría absoluta. «Tras a reunión que mantivemos co RUA, trasladarémoslle ao BNG as propostas que nos fixeron para ver si é posible articular unha maoría necesaria; os números son os que son, esa posibilidad de acordos pasa porque os tres grupos teñamos a capacidade suficiente para reunirnos», explicaba Gudiña.


Publicidad

O escenario político actual na Rúa mantén aos dous principais partidos de esqueda botándose as culpas mutuamente de indiferenza e impasividad uns, de deslealde os outros, en referencia a un goberno que remata lexislatura no que durante catro anos se formou a alternativa ao Partido Popular. Ambos acusan ao outro de mentir, de «non propiciar ningún tipo de alternativa viable». Ambos insisten en que o outro será «o responsable directo que permitirá que A Rúa teña un goberno de dereitas o vindeiro 15 de xuño».

Tras o fallido achegamento dos actuais socios de goberno, a posibilidade de encontro entre o BNG e o RUA esfumábase. «Nunca nos puxemos en contacto con eles neste proceso por varios motivos, o primeiro e máis evidente o acordo previo entre o PP e o cabeza de lista dos independentes, polo que participar dun teatro que o xustifique ante a xente de esquerdas que de boa fe lle votou sen saber os seus intereses particulares nos pareceu, desde o primeiro momento, un erro».


Publicidad

Se desexas escoitar as entrevistas realizadas a María G. Albert, na mañá do 13 de xuño, e a Luis F. Gudiña, na mañá do 12 de xuño, podes facer clic nos seguintes enlaces:

También te puede interesar