O BNG disposto a pecharse na delegación territorial polo helicóptero da base de Vilanova

16 julio, 2018 ACTUALIDAD , O BARCO
O BNG disposto a pecharse na delegación territorial polo helicóptero da base de Vilanova

A diputada nacionalista Noa Presas, visitaba Valdeorras este pasado fin de semana, e dende a base de helicópteros de O Barco anunciaba que «xa se cumple un mes dende que o Parlamento galego acordase por unanimidade de todos os grupos políticos unha proposta para que no verán estivera activa a base de Vilanova». Contaba a deputada que viñan «a comprobar in situ a irresponsabilidade do PP e da Xunta porque non hai obras comezadas nin acondicionamento feito da zona, polo que será difícil», explicou, «que neste verán vai a estar operativa».

Sinalando o distrito coma un punto clave na extinción de incendios nesta zona, «por seguridade humana e por cuestión de seguridade do espazo natural», falou Noa Presas da posibilidade de «protagonizar mobilizacións para que o Parlamento non prometa aos veciños cousas que despóis non cumpre». «Se non cumpren estamos dispostos a buscar estratexias de presión ou se fai falta ir á delegación territorial de Ourense e pecharnos alí ata que de unha vez por todas se comprometan con esta comarca», explicou.

«Outro compromiso pendente con Valdeorras», explicou a deputada, «é a motobomba da Rúa que no último mes se acordou que se poría a disposición». Esixiu dende o seu grupo que «non se faga mercadeo coas motobombas e que se dote a Valdeorras desta, ante a previsión dun agosto moi quente que pode encherse de incendios dos que saibamos sair».

También te puede interesar