Magín Blanco presentará o seu novo disco en Trives

10 mayo, 2018
Magín Blanco presentará o seu novo disco en Trives
Publicidad

O programa do día das Letras Galegas do Concello de Trives xa está na rúa. Nel podemos atopar actividades de lectura, paseos, pinturas, contos, música en galego, todo elo para homenaxear ao idioma e á lingua galega.

Magín Blanco será o prato estrela deste programa coa presentación do seu novo disco Camiños, o próximo venres 18 de maio a partires das 20:00 horas, no Auditorio Julio Vázquez da vila. As entradas terán un custo de 3 euros.

As actividades darán comenzo o 16 de maio coa Correlingua, unha carreira en pro da lingua onde arredor das 11:30 horas, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso percorrerán as rúas do casco vello da vila.

Xa na mañá do día 17 de maio – propio Día das Letras Galegas – sairá dende a Oficina de Turismo unha ruta de Sendeirismo Familiar de aproximadamente 4 km. Ao longo da mesma haberá lecturas de poesías e obras da homenaxeada este ano polas Letras Galegas, Mª Victoria Moreno.

As celebracións continúan pola tarde e chega Pintar en Galego…mola!!. Ás 17:00 horas no Parque da Praza de Abastos continuarase ca actividade iniciada xa fai un ano de pintar no parque enchendo o muro coas palabras galegas máis fermosas, mentres os máis pequenos tamén farán os seus pequenos murais de papel en galego.

Ademáis tamén dentro do marco das Letras Galegas, está aberto o I Concurso de Contos Curtos “Cóntame un contiño”. Remata o prazo de presentación de traballos o día 14. Para consultar as bases téñenas na páxina web do concello.

También te puede interesar