Belén tradicional na parroquia de Viloira

28 diciembre, 2018 ACTUALIDAD , NADAL 2018 , O BARCO
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira
Belén tradicional na parroquia de Viloira

 

Achegámonos ata Viloira para ver ao —típico nestas datas— belén de Nadal, situado no lado esquerdo do altar da parroquia de Viloira. Para materializar este nacemento, catro matrimonios da zona estiveron a traballar durante todo o ano, ademais da montaxe que durou dous meses e medio. Cómpre mencionar que unha destas persoas é electricista, feito que axudou na realización deste tradicional belén.

 

Pesebre onde se atopa Xesús, Xosé e María

Pesebre onde se atopa Xesús, Xosé e María

 

Este ano o nacemento ampliouse considerablemente, tanto que o seu lugar de colocación na igrexa está a quedar pequeno. Como novidade, incorpora figuras en movemento —dous carpinteiros e un serrador— iluminación no río e un mercadillo enorme, no que nos podemos atopar dende teas e queixos ata peles tupidas.

 

O carpinteiro serrando un tronco. É unha das figuras mecanizadas

O carpinteiro serrando un tronco. É unha das figuras mecanizadas

 

As figuras son todas mercadas, e conforman un conxunto formado pola escea do pesebre, os reis magos, os pastores adorando o neno, as figuras do poboado e as do mercado, ademáis do castelo de Herodes e os soldados. Vótase en falta a figura do caganet debido a que as persoas que se encargaron de montar o belén consideran que “non simboliza a biblia”. A pesares de que as figuras grandes fóran compradas, o belén tamén dispon de moitisimos detalles artesanais como poden ser as cestas e as barras de pan que están no mercado, a platería, os aromas…

 

Iluminación do río polo que descorre a auga

Iluminación do río polo que descorre a auga

 

Os autores confesan que, para a montaxe, inspiráronse en Internet pero, principalmente nos relatos bíblicos do nacemento de Xesús. Como curiosidade podemos desvelar que, a medida que pasa o tempo e, a modo de conta atrás ata o día de reis, as figuras dos reis magos desprázanse cara o pesebre.

 

Detalle dunha das casas

Detalle dunha das casas

 

O presuposto para a ampliación deste ano, custou aproximadamente 1000 euros. Para o vindeiro ano pensan cambiar o lugar de montaxe deste fermoso belén, e realizalo no lado dereito da parte de atrás da Igrexa de Viloira. Tamén teñen en mente seguir ampliando o poblado.

 

O mercado tamén ten un lugar preferente neste belén

O mercado tamén ten un lugar preferente neste belén

 

Para todos os que queiran contemplar este maravilloso belén poderán facelo nos horarios de culto, todos os días da semana dende as 17:30 ata as 18:30 aproximadamente e, os fines de semana pola mañá ata as 14:30 na Igrexa de Viloira.

 

No altar tamén están as figuras do necemento

No altar tamén están as figuras do necemento

También te puede interesar