O Belén da cima de Galicia colocaráse este sábado en Pena Trevinca

26 noviembre, 2019
O Belén da cima de Galicia colocaráse este sábado en Pena Trevinca
Publicidad

O Club de Montañismo Montañas de Trevinca volve a organizar esta ruta de case 25 kilómetros de lonxitude

O Clube de Montañismo Montañas de Trevinca organiza unha ruta de montañismo invernal, moi apropiada para deportistas con experiencia no emprego de raquetas de neve, ademais do uso de crampóns e piolets, estase a converter nunha actividade moi valorada polos amantes da neve e xeo.

Neste caso, a ascensión a Pena Trevinca-Cima de Galicia en condicións invernais, convértese nun referente deportivo dentro do montañismo en Galicia. Dende o clube desexan manter o simbolismo do Nadal coa instalación do que denominan o “Belén da Cima de Galicia”. Este Belén retirarase a mediados de xaneiro.

Publicidad

Ruta: Vilanova – Valmeladas – Sestil Alto – Pena Trevinca – Valigota – Lombo do Rocín – Maluro – Vilanova​. Distancia total: 24.8 kms.

Programa:

08:30 hSaída dende o pobo de Vilanova de Trevinca pola ruta de Valmeladas e Sestil Alto.
13:00 hInstalación do Belén en Pena Trevinca.
13:30 hSaída. Segundo condicións, regreso polo Crestón do Lombo do Rocín / Maluro.
17:30 hChegada ao pobo de Vilanova de Trevinca.
18:00 hMerenda e clausura da actividade.

O longo do percorrido se darán explicacións sobre seguridade en circunstancias de neve e xeo, así como as actuacións convenientes en situacións de perdas ou mal tempo na montaña invernal. A morfoloxía glaciar das montañas de Trevinca completará as clases teórico-prácticas.

As prazas están limitadas, e a data límite para apuntarse será o xoves 28 as 21 horas.

Teléfono de contacto para poder anotarse: 689 53 66 01 (Cholo).

Foto: Club de Montañismo Montañas de Trevinca.

También te puede interesar