O Barco retirará unha árbore da praza Otero Pedraio e tratará outras seis afectadas por diferentes enfermedades

21 julio, 2016 ACTUALIDAD , O BARCO
O  Barco retirará unha árbore da praza Otero Pedraio e tratará outras seis afectadas por diferentes enfermedades

A Comisión de Medio Ambiente do Concello do Barco reuniuse onte para estudar as medidas a adoptar tras a recepción do informe remitido pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro sobre o estado das árbores da praza de Viloira.
De acordo co informe, unha das árbores, a situada máis preto do que caeu hai uns meses, ten os mesmos danos por fungos, polo que sería recomendable a súa tala e retirada, para evitar que puidera caer de xeito accidental.
A concelleira de Medio Ambiente, Diana Urdangaray, propuxo a retirada inmediata da árbore, para evitar posibles accidentes neste praza. Das outras 12 árbores situadas na praza, e das que se tomaron mostras para o seu análise, seis dan resultados negativos en fungos e/ou enfermidades, e outros seis teñen algún tipo de dano.
Para estes últimos , o grupo de goberno propuxo a realización de tratamentos para o seu saneamento e a realización, no outono, dunha poda controlada das copas máis elevadas para conseguir a súa curación completa.
Para facer os tratamentos, contactarase cunha empresa especializada, que terá que analizar os resultados da estación fitopatolóxica e proporas alternativas existentes, sempre pensando en que as árbores estean curadas nun prazo de tempo o máis curto posible e que resulten seguras para os veciños.

También te puede interesar