Avelino García Ferradal repite como número 3 na lista do PP ao Congreso dos Deputados

8 octubre, 2019 ACTUALIDAD
Avelino García Ferradal repite como número 3 na lista do PP ao Congreso dos Deputados

O ex alcalde de Larouco, Joaquín Bautista Prieto tamén está na lista, neste caso para o Senado

O comité de campaña do Partido Popular de Ourense a súa primeira reunión de traballo para planificar o calendario de actos de precampaña que se desenvolverá ata o próximo 31 de outubro, e que prevé unha intensa actividade ante a redución a oito días da campaña ás eleccións xerais para o 10 de novembro.

No encontro, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, pediu aos populares ourensáns “enerxía e contundencia para seguir crecendo en apoio electoral, como ocorreu nas xerais de abril e nas municiais de maio, e converter a Ourense en exemplo fronte a un escenario político excepcional”.

Hoxe foi a primeira das reunións que ata o próximo 9 de novembro manterán de continuo os vinte membros do comité de campaña do Partido Popular de Ourense, o primeiro en constituirse tan só un día despois de que O Rei constatara que ningún candidato tiña apoios suficientes para ser investido presidente do Gobierno, disolvendo días desoís as Cortes Xerais e convocando novas eleccións.

RATIFICACIÓN DAS CANDIDATURAS AO CONGRESO E AO SENADO.

Á reunión desta tarde do comité de campaña asistiron tamén os candidatos do Partido Popular pola provincia de Ourense ao Congreso e ao Senado, logo da súa ratificación polo Comité Electoral Nacional, candidaturas que estarán integradas polas mesmas persoas que concurriron ás xerais do 28 de abril agás algúns cambios nas suplencias. Nestas listas continúa aparecendo o rués Avelino García Ferradal, quen tras non saír nas pasadas eleccións -iba como agora de número 3- repite nestas eleccións.

Tamén aparece nesta lista o ex alcalde de Larouco, Joaquín Bautista Prieto, como suplente nas listas ao Senado.

CONGRESO
1.- Ana Belén Vázquez Blanco
2.- Celso Luis Delgado Arce
3.- Avelino García Ferradal
4.- María Belén Gómez Quevedo

Suplentes
María Antonia Rilo Veiga
Manuel Prado López
Diana Sulleiro Lema
Sara Isabel Hermida Álvarez
José Ángel Sampayo Fernández

SENADO
1.- Miguel Ángel Viso Diéguez
2.- María del Carmen Leyte Coello
3.- Francisco José Fernández Pérez

Suplentes
1.- María Cristina Francisco Vílchez
     Joaquín Bautista Prieto Rodríguez

2.- Susana Vázquez Dorado
     José Luis Sousa López

3.- Rogelio Martínez González
     Pilar Monserrat Caride González

También te puede interesar