«Kissy Torres é realmente a alma mater da organización do Descenso»

19 noviembre, 2019 ACTUALIDAD , PIRAGÜISMO
«Kissy Torres é realmente a alma mater da organización do Descenso»

O edil de deportes do Concello do Barco falou sobre o premio recibido por a organización do Descenso Internacional do Sil

O Concello do Barco ven de recibir o premio a “Mellor regata organizada” pola Federación Galega de Piragüismo no Descenso Internacional do Sil, unha proba fixa no calendario dos palistas nacionais e internacionais e tamén das Festas do Cristo do Barco.

Aurentino Alonso, edil de deportes do Concello do Barco afirmou que e un recoñecemento a un evento que ten 53 ediciós as espaldas e ano tras ano vaise superando e mellorando moitas cousas: «Este ano foi o gran ano da seguridade. A actividade do río estivo moi vixilada. Eso xunto a toda actividade deportiva en sí, en como se organiza o descenso como por exemplo ter preparadas saídas de emerxencias, fixo posible que a Fegapi tivera todo en conta para darnos ese galardón».

Publicidad

Tamén falou Alonso da calidade dos deportistas: «A nivel nacional eu creo que está casi a altura do Descenso del Sella, a nivel de xente non movemos tanto como eles pero a nivel nacional e case internacional está recoñecido» .

O concelleiro non quiso olvidarse da que el considera alma máter do Descenso do Sil: «É importante agradecer a labor da técnico de deportes do Concello do Barco, Kissy Torres, porque é ela a que leva todo o peso, a alma máter. Ela fai todas as cordinacións, chamadas, comunicacións. Temos a sorte de que ela e piragüista, coñece o río e as necesidades dos deportistas nel para ser ben atendidos. Parte de ese premio o merece tamén a técnico de deportes» .

Se queres escoitar todo o que dixo Aurentino Alonso podes facelo na seguinte ligazón:

También te puede interesar