A auga en Trives xa é apta para o consumo

30 septiembre, 2017 ACTUALIDAD , TRIVES
A auga en Trives xa é apta para o consumo

Os resultados do terceiro e último análise da auga de Trives chegaba ao concello a última hora da mañá do venres, 29 de setembro. Nel confirmábase que era apta para o consumo. Esta analítica realizouse ao depósito de cabeceira Carballal e reflectía que os parámetros eran normais, que garantían o bo estado da auga e que era apta para o consumo humano.

Tras tomar todas as medidas correctoras pertinentes dende o Concello de A Pobra de Trives, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade procedeu ao peche da situación de alerta.

Dende o concello trivés,  no mesmo momento de recibir os resultados favorables, comunicábaselle aos veciños o levantamento da alerta a través dun bando.  A páxina web do concello, así como as redes sociais deste, tamén servían para facer chegar a nova.

También te puede interesar