Asunción Arias: «2020 é o ano do Camiño de Inverno»

29 diciembre, 2019 ACTUALIDAD , CAMIÑO INVERNO , NADAL 2019
Asunción Arias: «2020 é o ano do Camiño de Inverno»

O 2019 foi o ano no que mais camiñantes pasaron por esta ruta xacobea dende que está operativa

«Sen peregríns non hai Camiño».  Esta é a frase mais pronunciada por a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras, Asunción Arias.  Dita afirmación tivo o seu maior exponente no 2019,  ano no que aumentou o paso de peregríns en algo mais dun 16 por cento con respecto a 2018. «Se o ano pasado pasaron algo mais 5.000, este ano multiplicouse nese 16 por cento», dí, para recordar que «2020 é o ano do Camiño de Inverno».

Asunción Arias con José Rúa e Lorenzo Gazca facendo o camiño para reformar a guía

De feito, siguen pasando peregríns día tras día, aínda que sexa época invernal. «Só en outubro e novembro pasaron 280, mentres que en decembro estaban previstos varios grupos». Deste xeito, no último trimestre do ano casi se acadaron os 400.


Publicidad

Asunción Arias destaca a dimensión internacional do Camiño, que cada vez cobra mais forza, xa que houbo peregríns de Canadá, Estados Unidos e de distintos países de Europa. Proba do interés no mundo polo Camiño, é a solicitude de información sobre o mesmo. Ata «unha persona levou información en inglés para San Diego, una asociación estadounidense», engade.

Peregríns procedentes de Asturias ao seu paso por O Barco

«2019 foi un bo ano a nivel de peregríns. Non se pode dicir que acadou o máximo histórico porque está por chegar a ise punto, pero si que foi o ano de mais peregríns». 

O Camiño de Inverno é relativamente novo si se toma en relación cos demais «porque temos o Primitivo que leva 12 anos, que era pouco coñecido e concellos e asociacións fixeron un gran traballo e ten 12.000 peregríns ó ano». Todo un modelo a seguir.


Publicidad

Conta que hai un detalle que pasa inadvertido: «O Camiño de Inverno e agora un referente para todo o mundo, tanto para asociacións, empresas e concellos». O motivo e que «2020 vai ser o ano do Camiño de Inverno, declarado así no seu día polo Xacobeo.  «Terá os seus beneficios porque invertirase nesta ruta xacobea.  Todos temos que poñernos as pilas para deixar o Camiño en boas condicións», valora.

Camiñantes do Deza en Éntoma con Asun Arias e Irene Dacal, concelleira de Turismo do Barco

Asunción Arias cita que hai que correxir a falta de seguridade do Camiño de Inverno ao seu paso por A Rúa. Da a coñecer que, recentemente, un peregrín estivo a piques de ser atropellado. «Porque parou o coche, senón o leva», lamenta.

A presidenta do colectivo mantivo diversas reunións con responsables do Xacobeo para abordar dita seguridade no tramo de A Rúa. No que vai de ano, «presentamos alomenos cinco veces, e por escrito, unha proposta de solucións ao conselleiro de Cultura», relata.

Un dos tramos máis perigosos do Camiño a entrada da Rúa

O que pide é un sinal ou semáforo de obra para parar os coches no tramo perigoso do citado municipio,  no ámbito do cruce da N-120, que é onde hai mais tráfico. «Ten que ser de xeito urxente, xa». Para resolvelo, considera que teñen que personarse responsables de Patrimonio.

Asunción Arias conclúe que foi o ano en que mais peregríns pasaron dende que o Camiño de Inverno está funcionado.

Texto: Susana Prieto

También te puede interesar