As roscas de Fontei protagonizaron a procesión de San Antón

13 junio, 2017
As roscas de Fontei protagonizaron a procesión de San Antón

A parroquia de Fontei, en A Rúa de Valdeorras, estivo de celebración coas festas na honra a San Antón. No mediodía do 13 de xuño, despois da Misa Maior, tivo lugar a famosa procesión desta localidade. Ademais de San Antón, os veciños e visitantes de Fontei sacaron en procesión as famosas roscas casamenteiras, que segundo di a tradición, todo aquel que as coma deixará de estar solteiro antes de que volva a celebrarse esta festa. Todos aqueles solteiros que queiran deixar de estalo deberían ter tomado de postre estes famosos doces e esperar a que, durante o resto do ano, a tradición faga o resto.

A choiva da mañá deu unha tregua para que o pobo saíse en procesión recorrendo as rúas de Fontei. Estivo amenizada pola música da charanga Novas Terras de Trives. Da festa e a verbena ocupouse a orquestra Ledicia, que se ocupou de cerrar estes catro días de festa na honra de San Antón de Fontei.

También te puede interesar