As mostras procésanse un 30% máis rápido no novo Laboratorio Central de Ourense

11 junio, 2021
As mostras procésanse un 30% máis rápido no novo Laboratorio Central de Ourense
Publicidad

Co novo sistema as mostras o Laboratorio de Ourense ten capacidade para procesar ata 12.800 test de bioquímica e inmunoquímica por hora.

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou esta mañá o novo Laboratorio Central da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, no Hospital Universitario de Ourense,  que ven de poñerse en funcionamento e co que culmina a renovación  dos laboratorios desta Área, tras a reforma e mellora o pasado ano do Laboratorio do Hospital Público de Verín e, en 2019, do de Valdeorras.


Publicidad

Este novo Laboratorio Central situase na planta soto do Edificio Cristal, nunha superficie de 1.500 metros cadrados, totalmente reformados, nun espazo ben comunicado co conxunto de servizos,  deseñado para maximizar o confort das instalacións, con climatización silenciosa, eliminación do ruído ambiente e puntos de luz de baixo consumo.

Está estruturado nas áreas funcionais de recepción preanalítica (que dispón de clasificadores automáticos capaces de rexistrar ata 1.200 mostras por hora); bioquímica, inmunoquímica e seroloxía. Estas tres últimas áreas están integradas nun sistema de automatización intelixente que recibe as mostras, as redirixe cara os analizadores e as almacena en ata 70 destinos de clasificación.

Este sistema de automatización intelixente ten mellorado os tempos de resposta nun 20% para as mostras de urxencias e nun 30% para as mostras hospitalarias e primaria en bioquímica e inmunoquímica, o núcleo analítico de maior peso e que ten agora capacidade para realizar ata 12.800 tests por hora.



Ademais, o novo Laboratorio Central, no que traballan máis de 50 profesionais e está acreditado para a formación de especialistas, está estruturado e distribuido tamén por áreas funcionais, con  áreas específicas para a abordaxe dos procesos de laboratorio relacionados coa reprodución asistida, a autoinmunidade ou as alerxias.

A súa posta en marcha supón a culminación do proceso de modernización dos sistemas de laboratorio do conxunto da Área Sanitaria pero tamén de coordinación dos procesos analíticos do conxunto de centros tanto de atención primaria como hospitalaria.

Este camiño en prol da coordinación marcou un fito coa coa unificación funcional dos laboratorios dos hospitais Santa María Naie e Nosa Señora do Cristal, en 2010, continuou coa unificación dos sistemas de información e a implantación da petición electrónica das probas, culmina agora co proceso de modernización tecnolóxica.


Publicidad

También te puede interesar