As competicións de atletismo poden regresar ao tartán

27 julio, 2020
As competicións de atletismo poden regresar ao tartán

Así o anunciou a Federación Galega de Atletismo tras a aprobación dun protocolo para previr contaxios polo Covid-19

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, seguindo a resolución da Consellería de Sanidade, ven de aprobar o Protocolo FGA COVID-19 da Federación Galega de Atletismo, o que supón o visto bo para que se poidan reanudar as competicións.

Dende o ente deportivo lembraron que as federacións deportivas están obrigadas a presentar ante a Xunta de Galicia un protocolo onde se recollan todas as medidas preventivas e de seguridade correspendentes a súa actividade e que debe ser aprobado polo organismo competente.

Publicidad

Unha vez aprobado o documento esto significa que as competicións federadas poden regresar a Galicia, comezando dende a FGA a tratar o calendario de competición do 2020 xa aprobado. Unha comisión integrada polo Secretario Xeral Carlos Castro e por Eladio Gómez, Eloy Bretal, Angel Fidalgo, Guillermo Sandino e Jesús Vázquez, evaluará cada unha das peticións de inclusión de probas no calendario FGA determinando deste modo, si se axustan as novas directrices sanitarias.

O protocolo dividirá as probas en dúas fases cunha desescalada propia, todas as probas dos sectores acollerán ata un máximo de 8 participantes (na fase II) dependiendo da pista.

O concursos xa se poden realizar cun máximo de 10 atletas en cada proba, mentres que outras como a modalidade de 800 metros lisos aínda non está aprobada a forma na que competirán, sendo a proposta a de correr por rúas cun máximo de 8 atletas, en función da pista, mentres que no resto de probas de fondo -1.500 m, combinadas, ruta, trial e campo a través- non se pode realizar xa que estas modalidades aínda non contan cun protocolo específico para poder realizalas.

Así mesmo entre outros puntos –xunto co cumprimento de todas as medidas hixiénicas– o protocolo, detalla que os atletas con síntomas de Covid-19 ou diagnosticados con esta enfermidade sen recibir a alta médica, non poderán comezar a proba, o uso de máscaras cando non se esté competindo rexiráse en función das normas da comunidade, non se deberá compartir material, dentro do posible priorizarase o adestramento e as fases de quecemento pre-competición ao aire libre e en espazos abertos e mantendo unha distancia mínima de separación de 1,5 metros e recoméndase acudir as probas nos vehículos particulares.

También te puede interesar