Arte e tradición no Belén de Rubiá

29 diciembre, 2016
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Arte e tradición no Belén de Rubiá
Publicidad

O Belén de Rubiá leva 17 anos abrindo as súas portas despois da misa do Galo. Primeiro púxose na igrexa e desde hai dez ano está situado no salón parroquial. Da man de Mª Carmen Núñez Fernández, belenista de Rubiá e alma desta  fermosura , vamos a coñecer un pouco mais do que é e o que representa.

Mª Carnen Núñez Fernámdez, belenista de Rubiá

Mª Carnen Núñez Fernámdez, belenista de Rubiá

Segundo nos conta Mª Carmen,  “é de un estilo bíblico, hebreo por suposto, polas características que nel se poden observar, como o tipo de construción, as figuras coas vestimentas da época, ou os oficios que tiñan cabida naquel tempo. Intentamos que haxa certa armonía, que non haxa anacronismos, nin elementos discordantes para plasmar pasaxes incluso, das sagradas escrituras  relacionados co nacemento e a infancia de Xesús, ate se pode ver o bautizo no río xordán”.

Conxunto do Belén de Rubiá

Conxunto do Belén de Rubiá

O Belén, cunha superficie de uns 50 metros cadrados distribuíse en distintas áreas xeográficas . Na parte esquerda  está Nazaret, con escenas da Anunciación, o taller de San Xosé, o edicto do emperador  Cesar Augusto, o un a circuncisión do neno os oito días de nacer”.

Noite no Belén de Rubiá

Noite no Belén de Rubiá

En Ain Karen, está a visitación da virxe a súa prima Isabel.

Detalle dos cultivos.

Detalle dos cultivos.

En Xerusalén podemos ver o palacio do Rei Herodes ou o templo.

Pazo de Herodes. en Xerusalén

Pazo de Herodes. en Xerusalén

Para chegar a Belén hai que pasar por baixo dun arco no que podemos observar a estrela de David. Aquí atopamos escenas coma a do escribán que os inscribirá no censo, o mercado, a pousada onde non llle deron aloxo, a cova onde naceu  Xesús co anxo anunciando a chegada do neno e os pastores. Tamén esta a rúa na que se pode observar a escena da matanza dos inocentes.

Arco para entrar en Belén

Arco para entrar en Belén

Exipto e o último escenario xeográfico, nel  comtémplase o deserto e descanso da familia de Xesús trala súa fuxida.

Xosé e María, nun descanso da sua fuxida a Exipto.

Xosé e María, nun descanso da sua fuxida a Exipto.

Con mais de seiscentas figuras pintadas e mecanizadas a man polos belenistas de Rubiá , Mª Carmen recórdanis como se foron facendo desde o principio, “cando comezamos ca afición ao Belén as figuras eran de escaiola, que era o mais barato, pero agora grazas a subvención do concello permítenos comprar figuras mais logradas que o enriquecen mais. Cada ano incorpórase a este grandioso Belén figuras e edificacións, este ano en particular incorporouse o pazo do Rei  Herodes e o Templo de Xerusalén, a escena da circuncisión e o censo. As zonas de outros anos tratan de enriquecerse e perfeccionarse”.

Escibentes do Censo, onde ían inscribir a Xesús

Escibentes do Censo, onde ían inscribir a Xesús

“Este Belén traspórtate , unha cascada, un  río, vivendas con encanto, un pote fervendo, cada vez que ves descobres algo novo. Hai un montón de oficios que tiñan cabida na época de Xesús. As fontes de alimentación como o aceite, o viño, trigo, o pastoreo que tiña moita importancia, ata hai unha ovella parideira. Pescadores repasando as redes ou secando o peixe”, Mari Carmen mostra case emocionada cada recuncho do Belén.

Herminio Glez, párroco de Rubiá, mostrando o Belen a unha visitante.

Herminio Glez, párroco de Rubiá, mostrando o Belen a unha visitante.

Para construílo léronse moitos libros buscouse documentación e ademais houbo contactos con outros belenistas, como os de Madrid. “Todo neste Belén ten unha armonía, non hai cousas que desentoen, incluso as cores das figuras elixíronse co ton adecuado. Se te fixas o templo que fixemos este ano ata ten os menorahs de sete brazos tan presentes nas sinagogas e nos templos xudeus. Temos a caravana que vai a Belén na que se pode contemplar a virxe embarazada, isto non é corriente que se vexa nos beléns”.

Rapaces ollando a mula mallando o trigo

Rapaces ollando a mula mallando o trigo

Toño é encargado de poñer o movemento das figuras, controla os motores, as luces. É o encargado dos efectos especiais, ata fai que haxa noite e día.

Belén de Riubiá cando cae a noite

Belén de Riubiá cando cae a noite

A xente que ven queda atrapada polo movemento das figuras, pero este Belén é mais que iso, di Mari Carmen, “pretendemos que a contemplación che tramita a realidade próxima a Xesús. Isto é unha catequeses visual. De unha forma plástica están representadas  escenas e pasaxes das sagradas escrituras”.

Matanza dos inocentes

Matanza dos inocentes

O Belén está aberto ata principios de febreiro que pasen as candelas, xa que como nos di Mari Carmen, “é unha festa que conmemora a presentación de Xesús no templo y é da tradición belenística prolongara estancia hasta esa data. Ábrese o 24 de decembro despois da misa do galo,  e péchase nas Candelas. Si hai alguén que o quere ver noutro tempo abrímosllo xa que queda montado todo o ano”.

Detalle del mercado

Detalle del mercado

También te puede interesar