A Área Sanitaria prevé administrar 30.000 vacinas fronte ao covid esta semana

3 mayo, 2021
A Área Sanitaria prevé administrar 30.000 vacinas fronte ao covid esta semana
Publicidad

O obxectivo é iniciar este mesmo xoves a vacinación do colectivo de 65 a 69

Ao longo desta semana a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ten previsto administrar 30.000 doses da vacina fonte ao Covid19, co obxectivo de completar a vacinación, coa segunda dose, das persoas de de 70 a 79 anos, continuar coa primeiras dos de idades comprendidas entre os 60 e os 65 e arrancar, este mesmo xoves, cun novo grupo etario, as persoas entre 65 e 69 anos.


Publicidad

A día de hoxe a nosa Área Sanitaria leva máis de 170.000 doses administradas na provincia, polo que máis de 59.000 ourensáns e ourensanas completaron xa a súa pauta de inmunización, o que supón o 20% da poboación total.

Un dos colectivos que se viron mais afectados nas ondas anteriores, os maiores de 80 anos, están xa vacinados na súa práctica totalidade,  ao igual que mais do 90% das persoas dependentes ou inmobilizadas que reciben a domicilio a vacina, proceso que supón un reto para os equipos de enfermería pola alta dispersión poboacional, e que se está a beneficiar nos últimos días do uso da vacina monodose de Janssen.



No resto de grupos etarios que están a ser convocados, o proceso avanza a bó ritmo, coa práctica totalidade das persoas de 70 a 79 xa cunha dose, e en marcha a convocatoria para as segundas desde a pasada semana. En paralelo, mantense a citación dos de 60 a 65 co obxectivo de iniciar, este mesmo xoves, a vacinación do colectivo de 65 a 69, tamén de xeito masivo en Expourense, Hospital Público de Valdeorras e Hospital Público de Verín.

Publicidad

También te puede interesar