Un incendio destruíu por completo dúas casas en Cambela, no concello ourensá do Bolo. O lume, segundo o veciño que alertou ás 5:30 horas ó 112, propagouse polo interior da vivenda e o teito caeu. Polas baixas temperaturas da hora de inicio, ningunha das vivendas dos arredores correu perigo.
Non hai que lamentar danos persoais xa que as dúas casas estaban deshabitadas. Unha desde o falecemento do seu propietario hai catro anos e a outra por vivir fora os dous irmáns, un en Madrid e a outra na Rúa.
Das casas incendiadas tal como se vei nas imaxes so quedaron as paredes. O lume propagouse polo interior da vivenda, quedando calcinado todo interior do inmoble. Descoñécese como se orixinou o incendio, entre as causas máis probables barállase a posibilidade dun curtocircuíto.
Ata o lugar do incendio desprazáronse os bombeiros do Parque de Valdeorras, os GES de Valdeorras, (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) e una patrulla da Garda Civil.
No momento de escribir esta información o lume estaba controlado, aínda que para extinguilo de todo, farán falta unas cantas horas xa que hai que esperar a que os rescaldos se consuman e despois desescombrar.