Aprobada a rehabilitación integral do CEIP Condesa de Fenosa do Barco

10 mayo, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
Aprobada a rehabilitación integral do CEIP Condesa de Fenosa do Barco

A Consellería de Educación invertirá casi 707.000 euros no centro educativo, cuxas obras comezarán en xulio

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe na plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de rehabilitación integral de cinco centros educativos da provincia de Ourense, entre eles, o Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras). As obras realizaranse a través do anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018. Os traballos comezarán a executarse a mediados do mes de xullo.

No CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, cun orzamento de 706.683,68 euros, se contempla acometer o illamento da fachada, dos capialzados e da cara superior do forxado do baixo cuberta, a substitución das fiestras de folla simple por unha carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, e das persianas por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano. Tamén se levará a cabo a renovación das luminarias por unhas de alta eficiencia enerxética, con equipos de regulación lumínica e detectores de presenza en corredores e aseos.

Así mesmo, instalaranse válvulas termostáticas en tódolos radiadores existentes, de forma que se permita o funcionamento da calefacción únicamente nos radiadores das estancias que demanden máis temperatura, ca posibilidade de axustala segundo o uso dos espazos. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro do 27,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 28,20% en emisións de CO2.

A maiores, a Consellería contempla colocar estores na fachada este e mosquiteiras nas fiestras dos comedores, substituirase a carpintería interior, reformaranse os aseos, instalarase pavimento vinílico en todas as dependencias e zonas de circulación, e renovarase o chan da cociña. Tamén se inslatarán falsos teitos acústicos en aulas, biblioteca e salón de actos e falsos teitos con placas de xeso laminado en zonas comúns. Ademáis, acometerase a pintura interior de paramentos, portas e radiadores.

También te puede interesar