Ángel Fernández, novo «Irmán Maior» de Florencio

17 noviembre, 2018 ACTUALIDAD , CONCELLOS , CULTURA , VILAMARTÍN
Ángel Fernández, novo «Irmán Maior» de Florencio
Ángel Fernández, novo «Irmán Maior» de Florencio
Ángel Fernández, novo «Irmán Maior» de Florencio
Ángel Fernández, novo «Irmán Maior» de Florencio
Ángel Fernández, novo «Irmán Maior» de Florencio

Poucos conservan en Valdeorras tesouros culturais e históricos coma os que Ángel Fernández posúe na súa vivenda particular, no Barco de Valdeorras. E aínda menos son os que nese ámbito, conservan tanta información sobre o poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán. Por iso, e por ser «un dos maiores amantes da figura de Florencio», ademáis de por ser ex presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, que tanto fixo pola figura deste poeta, dende hoxe sábado, día 17 de novembro, Ángel Fernández xa é «Irmán Maior» da Irmandade do poeta valdeorrés.

O nomeamento producíase no derradeiro día das xornadas Coñece Valdeorras, coñece a Florencio, organizadas polo proxecto que pelexa por un Día das Letras Galegas para o literato. A súa directora e cabeza visible, Débora Álvarez, recoñecía que o nomeamento producíase «para non esquecer o labor que esa institución fixo poñendo en valor a Florencio», e porque gracias a Ángel Fernández «fomos aprendendo no camiño, algo máis sobre Florencio».

No seu discurso de agradecemento, Ángel Fernández volveu sorprender aos presentes co seu coñecemento profundo da historia local, facendo súa a reivindicación que en 1988 xa fixera o tamén poeta Manuel María, cando propuxo ao pobo de Vilamartín que homenaxease aos seus cantores por ter unha débeda con eles, en referencia a Florencio Delgado Gurriarán, Manuel Valcarce e Xaime Prada, «dando os seus nomes a outros tantos viños en cuxas etiquetas se insertaran poemas dos dous primeiros e debuxos de Prada».

O ex presidente do IEV confesou tamén o seu aprezo pola vida e obra de Delgado Gurriarán do que dixo ser «o que mellor soubo cantar as belezas do noso val».

Derradeiro día das xornadas de Florencio

As xornadas Coñece Valdeorras, coñece a Florencio chegaban hoxe sábado día 17 de novembro, o seu derradeiro día, coa intervención, en primeiro lugar, de Xulio Pérez Vega que fixo un análise da poesía de Florencio recollida na obra Bebedeira e recitada pola directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez.

Ademáis dun repaso polos poemas, nalgún caso púidose escoitar o recital a dúas voces. E tras él, Xulio Pérez remataba desexando disfrutar moi cedo «dunhas Letras Galegas adicadas a Florencio» por tratarse dun poeta «ao nivel de Otero Pedrayo, que cantou a Amoeiro, ou Abel María que cantou a Terra Chá». Con él, ao seu carón, estaba Ricardo Gurriarán, doctor en Historia e biógrafo do autor, e tamén a concelleira de Cultura de Vilamartín, Amparo Rodríguez.

De izquierda a derecha, Ricardo Gurriarán, Xulio Pérez, Ampara Rodríguez e Débora Álvarez

O recital daba paso seguidamente á actuación do cantautor Anxo Rei que deleitou aos presentes con dúas cancións do seu disco Fronteira de Cegoñas, poñendo música en moitos casos aos poemas do literato de Córgomo. «A música é o que nos leva a sentir a poesía en toda a súa profundeza», asegurou o artista valdeorrés. Pola súa banda, Débora Álvarez afirmaba que «Anxo ten demostrado que lle queda moito por cantar» e que «Florencio gaña moito na súa música».

O cantautor Anxo Rei interpretando varias cancións do disco «Fronteira de Cegoñas»

También te puede interesar