Analíticas con descontos na Rúa aos asociados de ASAGA

16 septiembre, 2019
Analíticas con descontos na Rúa aos asociados de ASAGA
Publicidad

A Asociación Agraria de Galicia asinou un convenio de colaboración cunha asesoría da vila que aforrará aos viticultores un 15% nas analíticas

A asesoría enolóxica Dona Branca e a Asociación Agraria de Galicia —ASAGA— asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de prestar un abanico máis amplo de servizos aos seus asociados. Entre outros beneficios, os asociados de ASAGA poderán disfrutar dun desconto directo dun 15% nas analíticas, entre outras vantaxes.



Ademais deste novo servizo, a delegación de ASAGA en Valdeorras pon a disposición dos seus asociados as súas instalacións e o persoal necesario para consultar calquera dúbida ou resolver os problemas que se lle presenten na súa explotación.

Nova sede


A Asociación Agraria de Galicia inaugurou en xullo a súa nova sede na comarca, ubicada na Rúa. Dende o novo emplazamento o seu persoal técnico, apoiado polo completo equipo de profesionais que ASAGA ten en Galicia (enxeñeiros agrícolas e forestais, xuristas, economistas,…), ofrecerá solucións para calquera tipo de problemas que se poidan presentar aos profesionais do sector agropecuario. Axudará á tramitación de todo tipo de axudas e subvencions, e colaborará conxuntamente cos seus socios no desenvolvemento dun gran número de proxectos relacionados co medio rural.

Na inauguración da nova sede na rúa Progreso, o pasado 18 de xullo, estivo presente o presidente da asociación gandeira, Francisco Bello. No transcurso do acto inaugural Bello, tima moi claro que ía ser un lugar de referencia para os agricultores e gandeiros. Así, daquela asegurou que, «a nosa nova sede na Rúa converterase nun lugar de referencia para os gandeiros e agricultores da comarca». 

También te puede interesar