Alumnado do Condesa de Fenosa do Barco acude á Feira de Proxectos Piteas

14 junio, 2019 ACTUALIDAD , BREVES
Alumnado do Condesa de Fenosa do Barco acude á Feira de Proxectos Piteas

O centro de ensino presentou hoxe na capital da comunidade galega, un proxecto sobre a lactancia materna

O alumnado de 6°A do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco acudiu na xornada do venres 14 de xuño á Feira de Proxectos Piteas na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, representando, co seu proxecto sobre a lactancia materna, a todos os traballos que cada aula desenvolveu durante este curso que agora remata.

No Programa de innovación educativa Piteas están integrados 17 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia e entre eles está o Condesa de Fenosa.

También te puede interesar