Alfredo García encabezará a lista do PSdeG-PSOE á alcaldía do Barco

9 marzo, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO , VÍDEO
Alfredo García encabezará a lista do PSdeG-PSOE  á alcaldía do Barco

Elexido pola militancia da agrupación municipal o seu proxecto é seguir avanzando para converter a vila nunha gran cidade

O candidato socialista destaca que: «Queremos seguir traballando para que O Barco prosiga medrando e consigamos ampliar a poboación, xerar novo emprego e explotar aínda máis os nosos recursos»

Confírmase así, neste 9 de marzo, o cuadraxésimo cuarto candidato do PSdeG PSOE de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de O Barco de Valdeorras elixiu a Alfredo García Rodríguez como o seu candidato a alcaldía da localidade. O actual rexedor valdeorrés repite unha lexislatura máis con moita ilusión, gañas e traballo en favor da veciñanza.

«Destacaría o gran traballo feito nestes anos no noso municipio que sufriu unha importante transformación que converteu a O Barco nunha cidade, con estrutura e servizos de cidade, pero aínda nos queda moito por facer e temos ideas e gañas de seguir traballando en favor da nosa veciñanza», resalta Alfredo García.

O actual rexedor remarcou que: «Está en marcha xa o proxecto de circunvalación, que desconxestionará o tráfico no centro da vila e permitirá que os camións non se teñan que circular polo centro da cidade. A elo sumamos a nova autovía que nos unirá con Ponferrada, mellorando aínda máis as conexións ca meseta». E, e indica: «Queremos facer unha cidade amigable e estamos traballando nos camiños escolares, porque queremos que os nosos nenos poidan ir camiñando o colexio. Queremos seguir peonalizando ou semipeonalizando as rúas do Barco e que convivan vehículos e persoas».

O candidato socialista apunta, «vamos a apostar tamén polo río, que é a gran estrela de O Barco e queremos que pase a estar dentro da cidade e non nun extremo coma acontece ata agora. Tamén vamos a apostar pola ampliación do polígono industrial, no que xa estamos construíndo novas naves e vai ser unha opción importante para xerar emprego e atraer poboación».

«Estamos traballando en poñer en valor o monte con 3 proxectos, un está case acabado, outro perfilado e estamos comezando cun terceiro. Cando levantemos a vista cara o territorio vexamos produción, un terreo produtivo con viñedo, castaños ou gando. Todo isto xera emprego, evita os lumes e ten que ser o gran esquecido en Galicia», finaliza Alfredo García.

También te puede interesar