O albergue para peregrinos de A Rúa, para primaveira

5 diciembre, 2017 A RÚA , ACTUALIDAD , CAMIÑO INVERNO , CONCELLOS
O albergue para peregrinos de A Rúa, para primaveira

O concello de A Rúa quere poñer en marcha o albergue público para peregrinos “no primeiro trimestre do 2018, para telo listo en primaveira que é cuando hai máis afluencia de peregrinos facendo o Camiño de Inverno”. Así o explica o alcalde da vila, Luis Fernández Gudiña, que espera “conseguir algunha subvención do GDR o ano que ven para poder financialo e poñelo en marcha tan pronto como podamos”.

Precisamente, gracias a unha subvención do GDR, remodelaban o ano pasado un inmueble para convertilo en albergue, pero quedaba pendente acondicionalo e dotalo de mobiliario. Segundo o rexedor, “necesítanse liteiras e camas para os usuarios, mobiliario para usos comunes, e dotalo dun sistema de calefacción que neste momento non ten”. Tamén quere Gudiña que os peregrinos dispoñan de “unha cociña e utensilios para poder cociñar nela”.

O concello aínda non ten clara a forma de obtener proveito del unha vez estea rematado, “será nese momento cando estemos en disposición de tomar a decisión do sistema de explotación, ainda que xa estamos dando algún paso para ir vendo as posibilidades que se nos brindan”.

Detalla o alcalde que a afluencia de camiñantes polo concello, que seguen a ruta do Camiño de Inverno, a pesares de ser máis grande en primaveira e na época estival, “comeza a ser importante tamén noutras épocas do ano”. É por eso que de ter listo o albergue, o seu uso está garantizado.

También te puede interesar