Agenda

Nov
16
vie
Conferencia y exposición. O Barco
Nov 16 a las 19:30 – 20:30
Conferencia y exposición. O Barco @ O Barco de Valdeorras | Galicia | España

Dentro do proxecto As Letras de Florencio ponse en marcha as Xornadas Coñece Valdeorras, Coñece a Florencio, unha iniciativa que busca enxalzar la figura do poeta de Córgomo.

A partir das 19:30 horas, ofrecerase unha análise da labor literaria e cultural que Florencio levou a cabo ao longo da súa vida. Para elo, contarse coa participación dos catedráticos en Lingua e Literatura Galega, Víctor Fernández Freixanes, e Xesús Alonso Montero, que son ademais presidente y membro da Real Academia Galega, Camilo Valdehorras, Catedrático e profesor da Universidade de Barcelona e Ricardo Gurriarán Rodríguez, doutor en Historia e biógrafo do autor.

As 21.00 horas inauguración da exposición «Verbena», una colección de debuxos feitos con vino, presentada polo seu autor, Roi Domínguez, quen tamén deseñou o cartel destas xornadas.

Ás 21:30 cata de viños.

Teatro. O Barco
Nov 16 a las 21:00
Teatro. O Barco

O grupo de teatro Muxicas, composto por actrices e actores invidentes e pertencente á ONCE, trae ao TLO, este venres 16 de novembro (21h), o seu espectáculo O inspector, de Nikolai Gogol, con dirección do actor e director ourensán, Tito Asorey.

O grupo vén de gañar o Premio do Público na XI Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” do Carballiño hai só uns días.

Muxicas é un colectivo artístico formado na súa maioría por actrices e actores cegos ou cunha discapacidade visual grave. Impulsado pola delegación da ONCE en Ourense, leva case vinte anos facendo posible que persoas con estas características poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradoxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática.

Dende o ano 2007 a dirección do grupo recae en Tito Asorey, recoñecido profesional do teatro ourensán, actor e director de escena, co que levan postos en escena nove espectáculos que puideron ser vistos en escenarios de todo o país. O grupo foi galardoado no ano 2012 co Premio Max ao mellor labor en prol do teatro afeccionado.

O obxectivo desta agrupación artística é dobre: dunha banda, loitar pola inclusión deste colectivo no eido escénico, eliminando os prexuízos e os falsos mitos existentes respecto ao mundo da cegueira, e doutra, traballar cunha vontade claramente artística, unindo esforzos para ofrecer espectáculos que poidan ser disfrutados por todo tipo de público, independentemente de que sexa vidente ou invidente.

O inspector:

A unha localidade gobernada por políticos corruptos chega a nova de que na cidade apareceu un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio sobre a limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes.

Ante esta situación, os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrución de todas as probas que os poidan comprometer. Comezará así unha espiral descendente de submisión cara ese inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.

O inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actrices e actores, na súa maioría invidentes ou con discapacidade visual grave, dan vida nas táboas ao clásico texto de Nikolái Gógol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.

Nov
17
sáb
As Letras de Florencio. Córgomo
Nov 17 a las 11:00 – 14:00
As Letras de Florencio. Córgomo @ Córgomo | Córgomo | Galicia | España

Dentro do proxecto As Letras de Florencio ponse en marcha as Xornadas Coñece Valdeorras, Coñece a Florencio, unha iniciativa que busca enxalzar la figura do poeta de Córgomo.

11:00 horas. Roteiro histórico, por Córgomo, Arcos e Portela.

12:30 horas.Na Adega Santa Marta, Ricardo Gurriarán doutor en historia e biógrafo do autor Xulio Pérez Veiga Filósofo e mestre do colexio Pablo VI Fátima.

13:15 horas Actuación de Anxo Rei.

13:30 Nomeamento do novo Irmán Maior da irmandade seguido dunha cata de viños

Magosto. A Veiga
Nov 17 a las 11:00 – 20:00
Magosto. A Veiga @ Concello A Veiga

A Veiga celebra o Magosto Popular, o sábado 17 de novembro con un bo número de actividades.

desde as 11:00 horas ata as 18.00 obradoiro infantil de doces e paseo entre  castiñeiros.

As 18.00 horas magosto na praza do Toural. ademais de castañas asadas e degustación de productos de alta montaña haberá panceta e chourizo asados, acompañado de viño.

Cartaz Nadal. O Barco
Nov 17 a las 11:15 – 13:00
Cartaz Nadal. O Barco @ O Barco de Valdeorras | Independence | Kansas | Estados Unidos

A  Asociación de Empresarios de Valdeorras, AEVA, e o Centro Comercial Aberto de O Barco, coa colaboración do Consello Regulador da DO Valdeorrasconvocan aos valdeorreses a formar parte da foto de familia que servirá de fondo para o cartaz de Nadal da asociació.

A cita o próximo sábado día 17 de novembro, a partir das 11:15 horas, na praza do Concello de O Barco.

Durante o evento sortearanse 3 pulseiras Fitness Xiaomi Mi Band y haberá unha chocolatada para todos os participantes.

Nov
18
dom
Magosto. A Rúa
Nov 18 a las 18:30
Magosto. A Rúa

El Club Deportivo Rúa celebra su magosto este domingo. Será a las 18:30 horas, una vez termine el encuentro que disputarán el equipo sénior con el Amoeiro en O Aguillón.

Se realizará la presentación de todos los conjuntos, tanto los de base como los sénior. La venta anticipada de entradas termina el día 15 y tienen un precio de 4 euros, la entrada da derecho a comer castañas asadas, chourizo, pan, auga e viño.

Nov
25
dom
Carreira. Vilamartín
Nov 25 a las 10:30 – 12:30
Carreira. Vilamartín @ CEIP Xosé Manuel Folla Respino | Valdegodos | Galicia | España
CANPAN (Asociación de Cáncer de Páncreas) y AESPANC (Asociación Española de Pancreatología) en colaboración coa Delegación da F.G.A en Valdeorras, organizan a Iª CARREIRA E ANDAINA DAS CIDADES CONTRA O CANCRO DE PANCREAS, que se desenrolará en Valdegodos, no Concello de Vilamartin o vindeiro 25 de novembro do 2018, a partir das 10.30 h.
SAIDA e META: estará situada no Colexio Público Xosé Manuel Folla Respino (Valdegodos-Vilamartin)
INSCRICIÓN: ata as 23.59 h. do 22 de Novembro.
RETIRADA DE DORSAIS: A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, Colexio Público Xosé Manuel Folla Respino (Valdegodos-Vilamartin) de 08:30 h. a 10:00 h.
PREMIOS
Trofeo aos 3 primeiros clasificados das seguintes categorías:
Popular masculina e feminina.
 Master “A”  masculino y feminino.
Master “B”  masculino y feminino.
Trofeo o atleta máis veterán masculino e feminino.
Trofeo o grupo ou familia mais numerosa na andaina.
Trofeo o andarín mais maior (independentemente do sexo)
Trofeo o andarín mais xove (independentemente do sexo)