Agenda

Publicidad

Feb
14
Mié
Entroido 2018. A Rúa
Feb 14 todo el día
Entroido 2018. A Rúa @ A Rúa

O Martes de Entroido, día 13 de febreiro, chegará o gran Desfile de Comparsas con salida ás 16:30 horas da Bodega Cooperativa. Haberá axudas para as comparsas e folións, ademáis de premios especiais para a comparsa co vestiario máis dificultoso e para a carroza que destaque pola súa vistosidade e elaboración.

O mércores día 4 de febreiro celebrarase o Enterro da Sardiña co velorio situado no atrio da Rúa Vella a partires das 20:00 horas. A incineración da finada levarase a cabo na Praza César Conti.

Entroido 2018. Trives
Feb 14 todo el día
Entroido 2018. Trives @ A Pobra de Trives

 

O luns día12, terá lugar o Desfile e Celebración do Entroido Infantil que comenzará ás 17:00 horas na Praza do Reloxo con animación, música e chocolatada para todos. O martes de Entroido, a partires das 17:00 horas, haberá desfile e concurso de disfraces, comparsas e carrozas, ademáis dos folións. O Enterro da Sardiña será na tardiña do mércores 14 de febreiro, organizado polo Folión As Maceiras.

Para participar no concurso de disfraces, carrozas e comparsas, poden consultarse as bases publicadas na páxina web do concello.

Ago
11
Sáb
Entroido de Verán. Trives
Ago 11 todo el día
Entroido de Verán. Trives

No segundo día do entroido de verán, o concello de Trives ofrécenos unha serie de interesantes actividades. Ben cediño, as 11:00h producirase a apertura da feira de artesanía no casco vello. Posteriormente, as 12:00h será o IV campionato de billarda na finca barreira. E para amenizar a velada nocturna tocará o grupo Los Íñigos na praza Dr. Paz.

Ago
12
Dom
Entroido de verán. Trives
Ago 12 todo el día
Entroido de verán. Trives

O domingo, 12 de agosto será o último día do entroido de verán, e para pechar esta edición vanse levar a cabo no Concello de Trives moitas actividades. As 11:30h haberá unha actividade infantil na Praza do Pilón. A continuación, as 13:30h comezará a sesión vermú amenizada polo grupo Macizas Centrais. Xa pola tarde as 18:30 será o desfile de folións, para pechar a xornada co concerto do grupo Son do Sil as 22:30 na Praza do Reloxo.