Agenda

Publicidad

Abr
16
Sáb
Concierto Gospel. O Barco
Abr 16 a las 20:00
Concierto Gospel. O Barco @ Teatro Lauro Olmo  | O Barco | Galicia | España

Aba Taano é un fantástico quinteto de gospel, son ugandeses e percorren Europa ofrecendo os seus concertos a favor dos orfanatos que a ONG Música para Salvar Vidas ten no seu pais. Xa estiveron o ano pasado no TLO e causaron unha magnífica impresión cun repertorio que vai do gospel africano ao americano pasando por cancións actuais versionadas con moitísimo acerto.

O sábado 16 ás 20h. Entrada 10 euros.

Sep
23
Sáb
Astrotrevinca
Sep 23 todo el día
Astrotrevinca @ A Veiga

O sábado, 23 de setembro, as actividades iniciaranse ás 10.45 horas coa presentación das xornadas, para continuar coa conferencia “Buscando a enerxía escura desde Teruel. O observatorio Astrofísico de Javalambre”, a cargo de Ramón Iglesias Marzoa. Ás 12.00 horas será a quenda para Óscar Blanco, quen falará de “El último eclipse total de sol en la Península Ibérica, A Veiga en 1912”. Pola tarde, as actividades retomaranse ás 16.30 horas coa conferencia “Tiempo y clima en Galicia” de Xavier Fonseca e, ás 17.30 horas, será a quenda para Salvador Bará que exporá “Como protexer os ceos escuros da contaminación lumínica”. A partir das 19.30 horas rematará a xornada formativa Óscar Blanco con “Fotografiando paisajes celestes”. Por último, ás 22.00 horas, realizarase novamente a observación astronómica no mirador de As Tabillas.

Sep
24
Dom
Astrotrevinca
Sep 24 a las 11:00
Astrotrevinca @ A Veiga

O domingo, 24 de setembro, a programación de Astrotrevinca remata cunha observación solar a cargo da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío convocada para as 11.00 horas na Veiga.

Oct
8
Lun
Mobilización. O Barco
Oct 8 a las 12:00 – 13:00
Mobilización. O Barco @ Praza do Concello do Barco | O Barco | Galicia | España

A Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras xunto co Colectivo de Pensionistas de Valdeorras, convoca mobilizacións en defensa dunhas pensións dignas e do sistema público de pensións.

Todos os luns do mes de outubro ás 12:00 horas, na praza do concello de O Barco, os pensionistas e xubilados de Valdeorras realizarán concentracións. A primeira será hoxe, 8 de outubro, baixo o lema en defensa do «Sistema público de pensións, hoxe, mañá e sempre» e por unhas pensións dignas.

Jul
14
Dom
Feira Viño. O Barco
Jul 14 a las 12:00 – 21:00
Feira Viño. O Barco @ Praza de Viloira. O BArco

 

Apertura do recinto feiral ás 12:30 horas até as 14:00, pola mañá. Pola tarde o horario será de 19:30 até as 21:00 horas.

Actuación da charanga Os Caliqueños polo recinto da feira. Degustación de viños das 21 adegas da D.O. Valdeorras participantes.Pola tarde cantos de taberna co grupo Pándega e a partir das 20:30 horas entrega dos premios da XX Cata de Viños da Feira do Viño de Valdeorras.

As 23:00 peche do recinto.