Agenda

Publicidad

Ene
24
Vie
Festa cocido. Piñeiro
Ene 24 a las 21:00 – 23:45
Festa cocido. Piñeiro @ Piñeiro. Trives
Do venres 24 ó domingo 26 a parroquia de Piñeiro de Trives celebra as festa na honra a San Sebastián.

O venres 24 de xaneiro comezan os actos na honra a San Sebastián na parroquia de Piñeiro, no concello da Pobra de Trives, ás 21:00 horas coa celebración da Cea Popular do Cocido, amenizada polas Macizas Centrais.
Ás 00:30 horas a orquestra Marbella animará a verbena.

O sábado 25, ás 13:30 horas oficiarase a misa solemne seguida de procesión, acompañada pola charanga Nova Terras de Trives. A continuación, os presentes poderán gozar da sesión vermú amenizada pola citada charanga.
Pola noite, a partir das 23:30 horas, a orquestra LA Fórmula porá a nota musical á verbena.

O domingo 26, ás 13.30 misa solemne cantada pola Coraliña Cantora de Trives. Despois do acto litúrxico, a sesión vermú será realizada polo dito coro.

Festa relixiosa en honra a San Sebastián que se celebrará do 24 ó 27 de xaneiro na parroquia de Piñeiro, no concello da Pobra de Trives. Os oficios relixiosos, as variadas actuacións musicais e a Cea Popular do Cocido, serán os actos previstos para a ocasión.
Celebraránse no campo cuberto cunha carpa e potente calefación

Feb
1
Sáb
F. Chourizo. Vilanova
Feb 1 a las 13:00 – Feb 2 a las 14:00
F. Chourizo. Vilanova

Vilanova, na Pobra de Tives celebra a Festa do Chourizo o 1 e 2 de febreiro

Feb
7
Vie
Presentación. O Barco
Feb 7 a las 20:00
Presentación. O Barco

Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza.Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a través da que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, o home testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial. Sen esquecer a importancia que tiveron as mulleres na súa vida, sobre todo a súa filla, a narración vai compoñendo o tapiz dunha traxedia na que, canto máis avanza o seu coñecemento dos ceos máis o apertan as ameazas dos rivais e inimigos.

XABIER PAZ (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes.Como escritor, publicou as novelas Renacer (Xerais, 2008), As vidas de Nito (Xerais, 2013), A galera de Xelmírez (Xerais, 2015), Aníbal e a Pintora (Xerais, 2017) e Galileo no espello da noite (Xerais, 2019), así como os poemarios Sedimentos (2001), No canto do mar (2005), Materia de Lucrecio (Xerais, 2006) e Filoxenia do sangue (2006). Tamén é autor do libro Follas do bacallau (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.

Feb
14
Vie
Entroido. Manzaneda
Feb 14 a las 20:00 – 22:00
Entroido. Manzaneda @ Concello de Manzaneda
Do 14 ao 25 de febreiro Manzaneda celebra o Entroido, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. O día grande é o Martes de Entroido, cando todos os fulións do municipio reúnense para realizar un espectacular pasarrúas que remata co xantar popular no pavillón.
Venres 14
Cea do lardeiro na que conmemorará o Xoves de Compadres.
Sábado 15
Ás 21.00 horas levará a cabo a visita do fulión de Bidueira a Requeixo.
Sábado 22
Ás 11.30 horas comezará a Fuliada dá Mourela para acá en Requeixo.
Ás 18.00 horas terá lugar a visita do fulión de Langullo a Borruga/ Cubeiros
Ás 21.00 horas a visita do fulión de Requeixo a Bidueira e da visita do fulión de Raigada a Vilarmeao.
Pola noite celebrarase a Cea dá Lardeira organizada pola Asociación de Mulleres Algueirada, na que se conmemora o Xoves de Comadres.
Domingo 23, Domingo Gordo
Ás 15.00 horas terá lugar a Fuliada en San Martiño.
Martes 25, Martes de Entroido
O Martes de Entroido comeza coa reunión de todos os folións do municipio para, a partir das 11.30 horas o gran desfile de fulións pola vila.
Ás 14.00 horas xantar popular cuxo menú está formado por: chourizo cocido, empanada, carne ao caldeiro, viño e bica.
O prezo da comida será de 10 euros por persoa, e os menores de 6 anos poderán xantar gratis.
Feb
15
Sáb
F. sopas allo. Vilamartín
Feb 15 a las 17:30 – 20:30
F. sopas allo. Vilamartín @ Vilamartín

O 15 de febreiro celébrase en Vilamartín a terceira edición das Sopas de Allo, organizadas polo Folión Os Viticultoresde Vlamartín.

Entremeses, empanada, sopas de allo, chourizos, churrasco, bebidas, doces e licores. Agasallo dunha cunca de barro.

Ademáis haberá desfile de folións polas rúas de Vilamartín

Presentación. Rubiá
Feb 15 a las 19:00
Presentación. Rubiá

Santiago Macías presentará el próximo sábado 15 de febrero (19:00) en la Casa de la Cultura de Rubiá la 4ª Edición de El monte o la muerte. El libro, que añade revelaciones y documentos inéditos a los contenidos de las exitosas ediciones precedentes, relata la historia de la Federación de Guerrilas de León-Galicia con la trayectoria de Manuel Girón Bazán como hilo conductor y la comarca de Valdeorras como uno de los escenarios. Girón fue fundador de la Federación y el principal referente de la guerrilla antifranquista en el Noroeste español.

Feb
22
Sáb
Entroido. Manzaneda
Feb 22 a las 11:30 – 21:00
Entroido. Manzaneda @ Concello de Manzaneda
Do 14 ao 25 de febreiro Manzaneda celebra o Entroido, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. O día grande é o Martes de Entroido, cando todos os fulións do municipio reúnense para realizar un espectacular pasarrúas que remata co xantar popular no pavillón.
Sábado 22
Ás 11.30 horas comezará a Fuliada dá Mourela para acá en Requeixo.
Ás 18.00 horas terá lugar a visita do fulión de Langullo a Borruga/ Cubeiros
Ás 21.00 horas a visita do fulión de Requeixo a Bidueira e da visita do fulión de Raigada a Vilarmeao.
Pola noite celebrarase a Cea dá Lardeira organizada pola Asociación de Mulleres Algueirada, na que se conmemora o Xoves de Comadres.
Domingo 23, Domingo Gordo
Ás 15.00 horas terá lugar a Fuliada en San Martiño.
Martes 25, Martes de Entroido
O Martes de Entroido comeza coa reunión de todos os folións do municipio para, a partir das 11.30 horas o gran desfile de fulións pola vila.
Ás 14.00 horas xantar popular cuxo menú está formado por: chourizo cocido, empanada, carne ao caldeiro, viño e bica.
O prezo da comida será de 10 euros por persoa, e os menores de 6 anos poderán xantar gratis.
Entroido. Vilariño
Feb 22 a las 11:30 – 21:30
Entroido. Vilariño @ Vilariño de Conso

Vilariño de  Conso celebra o Sábado de Entroido a trixésimo primeira Festa do Cabrito.

Os actos comezan ás 11:30 horas co pregón e a actuación da Banda de Vilariño de Conso.

Ás 12:00 horas desfile de folións desde O Toural até a zona recreativa do Cenza

Ás 14:30 horas Xantar da XXXi Festa do Cabrito, na carpa para os que teñen entrada e no pavillón para os folións.

Ás 18:00 horas exhibición de Boteiros e Bombos.

Ás 19:00 horas Actuación de Disco Gramola e a orquestra Olimpus.

Ademais haberá concurso de disfraces, premios e moitas sorpresas.

PRECIOS:
GENERAL HASTA DEL 16-02-20: 17,00€
GENERAL DEL 17-02-19 al 21-02-20: 25,00€
NIÑOS DE 0-3: 0,00€

 

VENTA DE ENTRADAS

A Rúa: Carnicería Nogueira

O Barco: Trisport

Vilariño de Conso: Super Cernamouro, Panadería Guerra e BAr A Ponte.

Venta Online

Para la reserva de entradas:
1.- Deberás ingresar el importe exacto en este número de cuenta,
especificando, nombre, apellidos y número de menores de 3 años (si los hay).
2.- Enviar el justificante por mail o WhatsApp a:
• 618 906 833 o 669 844 940
• entroidovilarinodeconso@gmail.com
3.- Las entradas se recogerán el día de la comida (22 de febrero), en un stand a
la entrada de la carpa situada en el campo de futbol de Vilariño de Conso, a
partir de las 14.00 horas. Imprescindible llevar el justificante de la transferencia
bancaria.
Ingreso en cuenta:
ES47 2080 0455 0930 4000 3661

Feb
25
Mar
Entroido. Manzaneda
Feb 25 a las 11:30 – 12:30
Entroido. Manzaneda @ Concello de Manzaneda
Do 14 ao 25 de febreiro Manzaneda celebra o Entroido, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. O día grande é o Martes de Entroido, cando todos os fulións do municipio reúnense para realizar un espectacular pasarrúas que remata co xantar popular no pavillón.
Martes 25, Martes de Entroido
O Martes de Entroido comeza coa reunión de todos os folións do municipio para, a partir das 11.30 horas o gran desfile de fulións pola vila.
Jul
1
Mié
De Perto. O Barco
Jul 1 a las 20:30
De Perto. O Barco

Comezo da 8ª edición do Ciclo De Perto coa actuación da poeta Tamara de Andrés, co seu espectáculo “O bosque e a danza”

Ago
12
Mié
Obradoiro instrumentos musicales tradicionales. Trives
Ago 12 a las 11:00
Ago
21
Vie
Obradoiro. Trives
Ago 21 a las 12:00
Ago
22
Sáb
Actividad. Trevinca
Ago 22 todo el día
Ago
29
Sáb
Presentación. Petín
Ago 29 a las 20:00
Sep
7
Lun
Maxia. O Barco
Sep 7 a las 12:00
Maxia. O Barco

David Méndez chega a O Barco con “A óptica das ilusións”, un espectáculo destinado para os cativos, nunha actividade donde se experimenta a maxia e a maravilla dos enganos visuais combinando diferentes ilusións que reciben os ollos e chega ao cerebro dando como resultado a admiración e o asombro. Un espectáculo moi visual e participativo para todos os públicos.

Sep
10
Jue
Espectáculo. O Barco
Sep 10 a las 18:00
Espectáculo. O Barco

O grupo teatral “Animar-T” fará o seu espectáculo destinado para nenos e nenas de entre 3 e 9 anos, nunha obra de contacontos teatralizado, con cancións cantadas en directo sobre a xenerosidade, a reciclaxe e o respecto polos animais.

 

Sep
19
Sáb
Visita guiada. Valencia del Sil
Sep 19 a las 10:00
Visita guiada. Valencia del Sil

Como remate a las excavaciones, el equipo de Sputnik Labrego llevará a cabo una visita guiada al casto este sábado, 19 de septiembre, a partir de las 10.00 horas. La salida se realizará en la plaza de Valencia do Sil. Como medida de seguridad, se realizarán grupos de 10 personas para visitar las diferentes zonas del asentamiento.

Espectáculo. Quiroga
Sep 19 a las 20:00
Oct
3
Sáb
Títeres. Larouco
Oct 3 a las 17:00
Oct
4
Dom
Teatro. A Rúa
Oct 4 a las 16:30 – 17:30