Agenda

Nov
7
mié
Exposición. O Barco
Nov 7 a las 19:30
Exposición. O Barco

O Concello do Barco, Afundación e ABANCA presentan no Barco esta exposición itinerante, un percorrido pola monumental obra de Ruth Matilda Anderson (1893-1983), fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nova York, que viaxou por Galicia entre 1924 e 1926.

A mostra, que inclúe iamxes tomadas en Valdeorras e nas comarcas veciñas, forma parte do programa Corrente Cultural posto en marcha por Afundación e ABANCA para a difusión cultural polas comarcas galegas en colaboración cos concellos. Será inaugurada o día 7 de novembro ás 19h30 cunha visita guiada e poderá visitarse de luns a venres, de 17 a 20h30, e os sábados de 10h30 a 13h30.

‘Ruth Mathilda Anderson. Unha mirada de antano’, é o título dun ambicioso proxecto que mostra as impresionantes imaxes da Galicia de comezos do pasado século, case todas inéditas ata esta montaxe, procedentes do arquivo novaiorquino da investigadora. Os comisarios da exposición, Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Lenaghan, resolveron un longo proceso que comezou na sede da Hispanic Society of America, a centenaria institución cultural que enviou a Ruth Mathilda Anderson (1893-1983) a estudar e documentar a sociedade galega da época.

Do total do arquivo (unhas 5.000 imaxes en diferentes soportes e formatos, moitas delas aínda sen revelar ou positivar), ata agora tan só se coñecían as preto de cincocentas fotografías que compoñen ‘Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña’, o libro editado en 1939 pola Hispanic Society co traballo de Anderson.

Con esta mostra, todos os afeccionados á fotografía e, sobre todo, á historia, á antropoloxía e á etnografía, han poder gozar dunha escolla destas imaxes, a gran maioría –un 85%, aproximadamente– inéditas ata hoxe, que amosan a vida dos galegos na década dos anos vinte do pasado século, e que se agrupan baixo diferentes epígrafes temáticos e que están recollidas nun catálogo de altísimo interese.

Nov
16
vie
Conferencia y exposición. O Barco
Nov 16 a las 19:30 – 20:30
Conferencia y exposición. O Barco @ O Barco de Valdeorras | Galicia | España

Dentro do proxecto As Letras de Florencio ponse en marcha as Xornadas Coñece Valdeorras, Coñece a Florencio, unha iniciativa que busca enxalzar la figura do poeta de Córgomo.

A partir das 19:30 horas, ofrecerase unha análise da labor literaria e cultural que Florencio levou a cabo ao longo da súa vida. Para elo, contarse coa participación dos catedráticos en Lingua e Literatura Galega, Víctor Fernández Freixanes, e Xesús Alonso Montero, que son ademais presidente y membro da Real Academia Galega, Camilo Valdehorras, Catedrático e profesor da Universidade de Barcelona e Ricardo Gurriarán Rodríguez, doutor en Historia e biógrafo do autor.

As 21.00 horas inauguración da exposición «Verbena», una colección de debuxos feitos con vino, presentada polo seu autor, Roi Domínguez, quen tamén deseñou o cartel destas xornadas.

Ás 21:30 cata de viños.

Dic
1
sáb
Mercadiño. Rubiá
Dic 1 a las 12:30 – Dic 2 a las 20:00

O Concello de Rubiá organiza o 3º Mercadiño Navideño o 1 e 2 de decembro, na Casa da Cultura.

Productos tradicionais, Mel, pan, doces, textil, segunda man, manualidades, artesáns da xoiería, pintura….

O sábado 1 de decembro as 12:30 horas inauguración.

Domingo as 19:00 horas, entrega de premios do concurso de fotografía « Rubiá, outono sen filtros» e clausura do mercadiño. Ao peche chocolatada con churros para todos os asistentes.

Horario de 12:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Se estás interesado en por algún posto, podes chamar ao Concello ó 988 32 41 41, ou escribir a concello.rubia@eidolocal.es

Dic
8
sáb
Exposición. Córgomo
Dic 8 2018 a las 17:00 – Ene 6 2019 a las 18:00
Exposición. Córgomo @ Sala Conde Torino

O sábado 8 de decembro, ás 17 horas, terá lugar a inauguración de Córgomo Arte “Sete”. Nesta edición contará coa participación de doce artistas, de disciplinas diversas, que a través da súa ollada amosan a beleza contida na xeometría da arte. Ademais das obras de Manuel Conde e Victorino Núñez “Torino”, “culpables” ano tras ano de manter viva a ilusión de Córgomo Arte, este ano amosaránse as creacións de:
Violeta Bernardo (Sarria)
Noé Blanco (Valdeorras)
David Cata (Viveiro)
Arturo Ceide e Beatriz Pérez, “Equipo Esparrela” (Monforte de Lemos)
Cristina Vázquez “Crystilandia” (Escairón)
Martín Lestao (Burela)
Gerardo Rodríguez, “Chere” (O Bolo)
Luís Enrique Rodríguez, “Coquixo” (O Barco de Valdeorras)
Laura Varela (Escairón)

A exposición permanecerá aberta ata o 6 de xaneiro de 2019 e, coma sempre, poderá visitarse as fins de semana e os festivos das 10 ás 22 h.

Dic
22
sáb
Exposición. Petin
Dic 22 2018 – Ene 10 2019 todo el día
Exposición. Petin @ Casa da Cultura

Do 22 decembro ao 10 de xaneiro, na Casa da Cultura de Petín, exposición de fotografía. «Mulleres» é a obra fotográfica de Mercedes Vázquez Saavedra que se poderá contemplar de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas

Feb
11
lun
Concurso. A Rúa
Feb 11 – Mar 5 todo el día
Concurso. A Rúa

O Concello de A Rúa convoca o IV concurso de fotografía “OLLADAS DE IGUALDADE”.

As fotografías farán alusión ao traballo da muller, tanto remunerado coma non; deberán ser orixinais e ineditas. Establecense tres premios : o primeiro de 150€, o segundo de 75 € e o tercero de 50 €. As bases pódense ver na páxina web do Concello.

Abr
20
sáb
Feira. Quiroga
Abr 20 a las 11:30 – 21:30
Feira. Quiroga @ Quiroga

11:45 horas. Inauguración del recinto ferial  Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda será la encargada de realizar los honores.

12:00 horas. Desfile de las bandas por la rúa Real, actuación en la praza de España.

17:00 horas. Actuación del grupo de gaitas Alecrín en el recinto ferial.

18:45 horas. Recepción de autoridades en el Museo Etnográfico

19:00 horas. Actuación en el Auditorio Municipal de: Coral Polifónica de Quiroga, Grupo de Gaitas Alecrín, Grupos de danzas San Martiño y Arume da Queiruga.

Finalizadas las actuaciones, entrega de premios del XVI Certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, convocado por el Área de Xuventude.

20:30 horas. Pablo Chiapella Cámara, actor de la serie La que se avecina de Telecinco, será el encargado de dar lectura al pregón.

21:00 Fiesta popular, con el grupo Atenas

21:15 Entrega de premios del IX Concurso de Camisetas Feira do Viño.

Abr
21
dom
Clásicos. Larouco
Abr 21 a las 10:00 – 14:00
Clásicos. Larouco

De 10:00 a 11:30 exposición de coches clásicos en la explanada de la Cooperativa de Larouco

A las 12:00 exposición  en la plaza José Luis Núñez de Vilamartín

A las 14:00 Comida en el pabellón de Vilamartín

Información y reservas: 698 171 555

May
12
dom
Mostra. Quiroga
May 12 a las 11:30 – 14:30
Mostra. Quiroga @ Muiño da Farrapa

Décimo novena Mostra do Aceite de Quiroga o domingo 12 de maio no muiño e na capela do San Xoán da Farrapa (Bendilló).

A partir das 11:30 horas poñerase en funcionamento o muiño de Bendilló. Amenizará a mostra o grupo de gaitas O Recanto.  Demostración da elaboración artesanal do aceite ao longo de toda a xornada.

Ás 12:00 horas comezará a cata dos aceites participantes na mostra, na capela da Farrapa.

Ás 12:45 horas actuacións das agrupacións locais: Grupo de Danza O Recanto e Grupo de Danza San Martiño.

Ás 14:30 horas o grupo de gaitas O Recanto ofrecerá unha actuación.

Haberá pulpo e churrasco para xantar, ademais dunha exposición e venda de produtos tradicionais da zona.

Ago
9
vie
Entroido. Trives
Ago 9 a las 20:00 – 23:45
Entroido. Trives @ Trives

A A.C. “ A Caniceira” da Pobra de Trives organiza por 11ª ano consecutivo o Entroido de Verán e a súa Mostra de Patrimonio Inmaterial. O Entroido terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto nas rúas e prazas da vila.

Venres, 9 de agosto
As actividades previstas inclúen a XI Edición dos Cantos de taberna o venres, a partires das 8 da tarde, para comezar a festa. Nesta edición contaremos con ata 7 grupos, cada un co seu propio estilo de música e co seu propio repertorio. Alguns deles xa son habituais como Son do Bibei, @s singuinari@s, San Nordés, as Macizas centrais ou os Trabazos de Castro Caldelas. Tamén contamos con outros como Os parrandas ou Pascuis.

Sábado, 10 de agosto
O sábado á mañá, ás 11:00 h., abre o mercado de artesanía, que estará funcionando todo o
día. Tamén pola mañá terá lugar o V Campionato de Billarda, ás 12h. na Finca da Barreira, e as
13:30h. a sesión vermú será a cargo da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.
Ese mesmo día arredor das 12 da noite tocarán “A Banda de Mazinger”, agrupación que rememora éxitos nacionais da dourada década dos 80, na Praza Doutor Paz, ata ben entrada a madrugada.

Domingo, 11 de agosto

O domingo ás 11:00 h. da mañá abrirá de novo o mercado de artesanía. A sesión vermú nesta xornada corre da conta das Macizas Centrais, o grupo da asociación organizadora. Será arredor das 13:30h.
Pola tarde, o momento mais esperado e clásico do Entroido de verán é o desfile de folións. Partirá ás 18:30 h. do campo da Barreira. Este mesmo día, ás
22:30 h. na Praza do Reloxo noite actuará o grupo “Os fillos do estramonio”, candidatos este ano aos premios Martín Códax e coñecidos polas súas adaptacións humoristicas ao galego de clásicos do rock, rancheras e cumbias e polas súas aparicións na TVG.

Dende a A.C. “A Caniceira” convidan a veciños e visitantes un ano máis a que se unan á festa e disfrutar desta fin de semana repleta de actividades.

Ago
10
sáb
Entroido. Trives
Ago 10 todo el día
Entroido. Trives @ Trves

A A.C. “ A Caniceira” da Pobra de Trives organiza por 11ª ano consecutivo o Entroido de Verán e a súa Mostra de Patrimonio Inmaterial. O Entroido terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto nas rúas e prazas da vila.

Sábado, 10 de agosto
O sábado á mañá, ás 11:00 h., abre o mercado de artesanía, que estará funcionando todo o
día. Tamén pola mañá terá lugar o V Campionato de Billarda, ás 12h. na Finca da Barreira, e as
13:30h. a sesión vermú será a cargo da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.
Ese mesmo día arredor das 12 da noite tocarán “A Banda de Mazinger”, agrupación que rememora éxitos nacionais da dourada década dos 80, na Praza Doutor Paz, ata ben entrada a madrugada.

Domingo, 11 de agosto

O domingo ás 11:00 h. da mañá abrirá de novo o mercado de artesanía. A sesión vermú nesta xornada corre da conta das Macizas Centrais, o grupo da asociación organizadora. Será arredor das 13:30h.
Pola tarde, o momento mais esperado e clásico do Entroido de verán é o desfile de folións. Partirá ás 18:30 h. do campo da Barreira. Este mesmo día, ás
22:30 h. na Praza do Reloxo noite actuará o grupo “Os fillos do estramonio”, candidatos este ano aos premios Martín Códax e coñecidos polas súas adaptacións humoristicas ao galego de clásicos do rock, rancheras e cumbias e polas súas aparicións na TVG.

Dende a A.C. “A Caniceira” convidan a veciños e visitantes un ano máis a que se unan á festa e disfrutar desta fin de semana repleta de actividades.

Ago
11
dom
Entroido. Trives
Ago 11 a las 14:51 – 15:51