Agenda

Sep
16
lun
Festas do Cristo. O Barco
Sep 16 todo el día
Festas do Cristo. O Barco

Derradeiro día das Festas do Cristo do Barco.

Pasarrúas
Rúas do Barco
11:00 horas
Percorrido musical por varias rúas do Barco a cargo da charanga Festicultores Troupe.

Parque de Xogos
Beira do río / O Malecón
De 17:00 a 20:000 horas
Inchables, xogos e tren para os máis pequenos da casa.

Festicultores Troupe
O Malecón
11:00 horas
Concerto dunha banda galega con 14 anos de historia e máis de 600 actuacións por varios países coma Portugal, Francia, Serbia, Polonia, España,  e cunha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa máis vigorosa alá onde vai a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Magín Blanco e a Banda das Apertas
Praza do Sagrado
19:00 horas
Espectáculo no que as músicas de Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público recoñece e valora da historia da música contemporánea, e que permitirán gozar en familia dun concerto no que o público é parte do elenco. Forma parte do programa Cultura no Camiño da AGADIC/Xunta de Galicia e Concello do Barco.

Orquestra Finisterre
Campo da Festa
20:30 horas
Para os amantes das orquestras galegas, Finisterre é un dos nomes lendarios de outrora, ata a súa última tempada no ano 2002. No ano 2017 regresa ás verbenas actualizada e adaptada aos tempos. Con profesionais coñecidos, novas promesas e un repertorio do momento no que non se esquecen os clásicos aclamados por todos.