Agenda

Jul
27
sáb
Festival. Manzaneda
Jul 27 todo el día
Festival. Manzaneda @ Cabeza de Manzaneda

Sábado, 27 de xullo, ás 12.30 horas, coa mostra de Bandas de Gaitas, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, “Os trinta de Trives” e a Real Xuvenil. Ás 18.00 horas, a Igrexa de Manzaneda, acollerá o II Serán da Seitura, en memoria de Ludivina Pérez Ricoi, no que se presentará o “Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives”.

Ás 20.00 horas, na praza do Concello da Pobra de Trives, terá lugar un concerto a cargo da agrupación “Os trinta de Trives” e, o peche da xornada realizarase na Estación de Montaña, a partir das 22.30 horas, coa Noite Celta, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, o plantel de xuíces do Certame, a Real Xuvenil, e as Cantareiras da Real Banda.

Jul
28
dom
Festival. Manzaneda
Jul 28 todo el día
Festival. Manzaneda

O domingo, 28 de xullo, a programación dará comezo, no municipio da Pobra de Trives, ás 10.00 horas coa Alborada a cargo da agrupación “Os trinta de Trives”. Posteriormente, o Campo de Competicións da Cabeza Grande de Manzaneda acollerá ás 10.50 horas a competición das Bandas de Gaitas das categorías dos graos 4º e 3º e, ás 12.00 horas, terá lugar a exhibición do Folión “Os labregos de Trives”.

Ás 12.15 horas celebrarase o concurso de Bastóns de Mando e o Concurso de Gaiteiros Solistas. Posteriormente, a partir das 13.00 horas continuará a competición das Bandas de Gaitas dos graos 2º e 1º, e ás 13.30 horas terá lugar a ofrenda floral ante o monumento a D. Gabino García, en memoria de quen se celebra esta décima edición do Certame, acompañada pola Banda Toxos e Xestas de Barcelona. A continuación, será a entrega de premios, medallas e distincións que rematará cunha actuación conxunta de tódalas bandas participantes.

Ago
3
sáb
Festa das Covas. Vilamartín
Ago 3 a las 20:30 – 23:45
Festa das Covas. Vilamartín @ Vilamartín

Vilamartín celebra a XXIII edición da Festa das Covas o sábado 3 de agosto, a partir das 20:30 horas.

Degustación de viño e pinchos de todo tipo en cada unha das 44 covas participantes.

Coa entrada agasallo dunha cunca e un pano.

A partir das 12 da noite festa rachada coa orquestra Fénix e Discoteca Móvil.